martes, 23 de julio de 2013

viernes, 5 de julio de 2013

PROGRAMA RE-SOLVE 2013

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Obxecto: Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación do programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.
Beneficiarios do programa de apoio:  Poderán acceder aos reavais previstos nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías). Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se  atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.
En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de outubro de 2013.

AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS INNOVADORAS


Obxecto e ámbito de aplicaciónEstas bases, cuxo obxectivo é servir de panca para impulsar a competitividade e o potencial de innovación das pequenas e medianas empresas, teñen por finalidade regular as axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras que conceda a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica, para promover o desenvolvemento económico mediante o fomento da innovación e a cooperación en distintos sectores da actividade económica en Galicia, con estruturas xurídicas que representen a estas agrupacións clúster.
En particular, outorgaranse axudas a fondo perdido a determinados investimentos desenvolvidos e explotados polas agrupacións, necesarios para facilitar o impulso tecnolóxico e a innovación, relacionados no artigo 5.4.1 das bases reguladoras; e tamén axudas de funcionamento para o arranque e a consolidación destas, establecidas no artigo 5.4.2 das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de agosto.

C.ERROS.- PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL E DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

jueves, 4 de julio de 2013

BOLSAS PARA INVESTIGADORES E TECNÓLOGOS

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Apróbanse as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a realización de estadías fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente no estranxeiro, dirixidas a investigadores e tecnólogos contratados en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación (OPI), que teñen centros de I+D+i radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia (SUG), co fin de que este persoal poida realizar actividades que melloren a súa formación así como entrar en contacto con ambientes de investigación e innovación diferentes, mellorando os seus contactos neste ámbito.
Prazo de solicitude: ata o 4 de agosto de 2013.

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CERTAMES DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS DE CARÁCTER AFECCIONADO

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Obxecto: Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o apoio a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado celebrados en GAlicia, que se leven a cabo entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de outubro de 2013.
Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto de calquera organismo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Beneficiarios: Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, con establecemento operativo en Galicia, así como as universidades e entidades locais galegas, que leven a cabo algún dos eventos descritos no obxecto da convocatoria, e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 4 de agosto de 2013.

AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS DE PRODUTORES DE PLANTAS VIVAS E PRODUTOS DA FLORICULTURA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2013

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto: establecer as normas para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da concesión de axudas previstas no Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, polo que se regula o recoñecemento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura e se establecen medidas de apoio á súa constitución e ao seu funcionamento.
Beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas as agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura recoñecidas como tales pola Comunidade Autónoma de Galicia, ao amparo do disposto no Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, e demais disposicións que o desenvolvan.
Prazo de solicitude: ata o 30 de novembro.

miércoles, 3 de julio de 2013

C.ERROS.- AXUDAS Á REORIENTACIÓN E COMPETITIVIDADE DAS PEMES GALEGAS

SUBVENCIÓN ÁS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS PARA ACTIVIDADES DE INTERESE AGRARIO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto e finalidade1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto establecer a concesión
de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Consellería do Medio Rural e
do Mar con cargo aos seus orzamentos, ás organizacións profesionais agrarias para actividades
de interese agrario.
2. A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a realización
de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións
profesionais agrarias con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.
Entidades beneficiariasSerán beneficiarias as organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en
Galicia e nas cales concorran as circunstancias previstas nesta orde e non incorran nas
circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 3 de agosto de 2013.

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS ÁS UNIDADES DE APOIO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Obxecto: Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2013 das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:
– Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (anexo A).
– Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego (anexo B).
Entidades beneficiarias das subvencións1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG nº 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.
2. Poderán solicitar as subvencións establecidas nos programas regulados nesta orde aquelas entidades que solicitasen a súa cualificación como centro especial de emprego.
As axudas concederanse desde a data da solicitude de cualificación e, en todo caso, para o seu pagamento será necesario acreditar a dita cualificación e inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de solicitude:As solicitudes do programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego regulado no anexo A desta orde poderán presentarse ata o 30 de setembro de 2013.
O prazo de presentación de solicitudes do programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, regulado no anexo B desta orde,ata o 3 de agosto de 2013.

martes, 2 de julio de 2013

AXUDAS Á INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Obxecto: Convocar, para o exercicio 2013, en réxime de concorrencia non competitiva, as seguintes liñas de axuda das bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas:
1. Liña misións inversas (procedemento IG124).
2. Liña prospección internacional (procedemento IG173).
3. Liña primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex (procedemento IG158).
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de agosto de 2013.

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO


Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos/as gandeiros/as afectados/as polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensalos/as polos danos ocasionados ao seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2013.
Beneficiarios/as: Poderanse acoller a estas axudas os/as propietarios/as de gando, especificado no anexo I, afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.
Ámbito temporal: As axudas a que se refire a presente orde comprenden os danos producidos polo lobo
desde o 1 de outubro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013.

AXUDAS PARA FOMENTAR O ASOCIACIONISMO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Obxecto:  A presente resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2013, de axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
b) Liña 2: promoción de accións que presten atención á investigación e á recuperación da historia das mulleres, así como á xeración de referentes e xenealoxías de mulleres, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.
c) Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas destinados a esta finalidade.
d) Liña 4: promoción de accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.
Prazo de solicitude: ata o 2 de agosto de 2013

SUBVENCIÓN DE CREACIÓN AUDIOVISUAL

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto: Poderán ser obxecto de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais as seguintes modalidades de proxectos presentados por creadores individuais:
Modalidade A: escrita individual de guión. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias, para longametraxes de ficción, documentais ou películas para TV. A contía adxudicada por proxecto será de 5.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.
Modalidade B: curtametraxes. Subvencións para a produción de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega –ficción, animación ou documental–cunha duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía de 6.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.
Beneficiarios: Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas residentes, cando menos por un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
Prazo de solicitude: ata o 1 de agosto de 2013.

SUBVENCIÓN PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS DE LOUSA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con lousa para acadar melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 31 de xullo.

SUBVENCIÓNS A FAMILIAS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIMPAMENTOS DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2013, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións dirixidas a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia, de acordo coas súas bases reguladoras aprobadas mediante a Resolución do 21 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Medios (DOG nº 19, do 28 de xaneiro).
Destinatarios das subvencións: Os destinatarios das subvencións serán as familias titulares de vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia, de acordo co recollido no artigo 4 do anexo II das bases reguladoras das ditas axudas, aprobadas mediante Resolución do 21 de xaneiro de 2013.
Así mesmo, e segundo o sinalado no punto 2 da disposición adicional sétima da Lei 7/2009, do 3 de xullo, de medidas urxentes en materia de telecomunicacións, o servizo de televisión dixital terrestre está limitado aos cidadáns que residan en zona de sombra nas cales, unha vez concluída a transición á televisión dixital terrestre, non vaia existir cobertura do servizo de televisión dixital terrestre de ámbito estatal.
A comprobación da zona de sombra efectuarase polos mecanismos comúns á prestación deste servizo TDT-Sat e que están supervisados polos órganos competentes da Administración do Estado.
Prazo de solicitude: ata o 30 de setembro de 2013.

lunes, 1 de julio de 2013

EPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENCIOS

AXUDAS Á AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto: A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das subvencións para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (no sucesivo ADSG) recoñecidas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución de programas de planificación sanitarios, en réxime de concorrencia competitiva e efectuar a convocatoria para os anos 2013 e 2014, de conformidade co establecido no Real decreto 784/2009.
Finalidade das axudas1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.
2. Os programas de planificación zoosanitaria comezarán o 1 de marzo de 2013 e rematarán o 28 de febreiro de 2014, e deberán incluír, como mínimo, os programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo VI.
3. De conformidade coa normativa reguladora, as axudas que se establecen son compatibles co mercado común e están exentas da obriga de notificación.
Prazo de solicitude: ata o 27 de xullo de 2013.

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS, FUNDACIÓNS E ENTIDADES CULTURAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Obxecto: Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á mellora dos locais das asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o ano 2013, no que atinxe ao equipamento e mellora dos seus locais.
Poderán ser obxecto de subvención as actuacións que se encadren nas seguintes modalidades:
a) Fundacións con local en propiedade: acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.
b) Asociacións con local en propiedade: acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.
c) Entidades culturais que non teñen local en propiedade pero que teñen unha cesión de uso por un prazo mínimo de 10 anos: poderán acollerse unicamente ás axudas de investimento en equipamento e mobiliario.
Para os efectos desta convocatoria, enténdense por locais de asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro aqueles das citadas entidades, sitos en Galicia, que contribúan como sede destas entidades ao fomento da cultura en Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 27 de xullo de 2013.