viernes, 24 de febrero de 2017

AXUDAS DESTINADAS A ACCIÓNS DE FOMENTO DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras para a concesión de subvencións, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de levar a cabo accións de formación e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia.
Beneficiarias
1. Poderán ser entidades beneficiarias:
a) Na liña 1: cursos, xornadas e seminarios formativos de contido intersectorial, as asociacións empresariais intersectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, e as organizacións sindicais intersectoriais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Na liña 2: cursos, xornadas e seminarios formativos de contido sectorial e outras accións de fomento da prevención de riscos laborais:
1º. Fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
2º. Organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
3º. Asociacións empresariais galegas, sectoriais ou intersectoriais, constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
4º. Asociacións profesionais e empresariais galegas, rexistradas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 20 de marzo, reguladora do dereito de asociación, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.
5º. Asociacións profesionais de traballadores e traballadoras autónomos/as rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.
2. Non obstante o indicado no número 1, de conformidade co establecido no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias poderán constituír agrupacións de acordo co seguinte:
a) Os membros asociados da entidade beneficiaria que se comprometan a executar a totalidade ou parte da actividade que fundamenta a concesión da subvención en nome e por conta desta. Neste caso, xunto coa solicitude deberán achegar o certificado expedido por quen teña estas facultades na organización, de acordo cos seus estatutos, no cal se acredite a condición de membro asociado integrante desta e un compromiso formalizado entre ambas as dúas entidades en que se determine a parte estimada da actividade subvencionable que ten previsto executar, compromiso que será subscrito pola representación legal de ambas as dúas entidades segundo o modelo establecido no anexo V. En todo caso, o pagamento da subvención efectuarase á entidade beneficiaria principal.
As agrupacións formadas por organizacións ou entidades previstas na liña 1 e as entidades vinculadas a estas que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de actividades formativas. Neste caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden a esta.
Importe
1. Estas axudas distribúense en dúas liñas:
a) Liña 1: cursos, xornadas e seminarios formativos de contido intersectorial en materia de prevención de riscos laborais. Cun importe total de 490.000 euros.
b) Liña 2: cursos, xornadas e seminarios formativos de contido sectorial e outras accións de fomento da prevención de riscos laborais. Cun importe total de 1.000.000 de euros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 23 de febrero de 2017

INFORMACION XUVENIL: BOLETÍN EURODESK

                                                                                                 




BOLETIN EURODESK

BOLSA DE FORMACIÓN NA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO


Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación titorial de profesionais no campo da docencia e o seu ámbito. Estas bolsas desenvolveranse dentro do programa formativo establecido pola Escola Galega de Consumo e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.
Importe e duración
Unha bolsa cunha duración máxima de doce meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 30 de decembro de 2017.
A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.



BOLSA DE FORMACIÓN PARA O PROGRAMA DE TRABALLO DO CONSELLO GALEGO DE CONSUMIDORES E USUARIOS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO



Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.
Importe e duración
Unha bolsa cunha duración máxima de doce meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 30 de decembro de 2017.
A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 22 de febrero de 2017

SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN EN UNIDADES FORMATIVAS DAS EMPRESAS E DOS INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada, dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, a través dos seguintes programas:
a) Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P).
b) Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR349X).
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que empreguen cincuenta ou máis persoas traballadoras en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Para acadar o mínimo de cincuenta persoas traballadoras, poderán ser beneficiarias as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes das axudas correspondentes ao programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR301P) virá determinado polo cronograma de procesos de selección que se establece no número 6 do artigo 20 da orde de convocatoria. A data límite para a presentación de solicitudes será o 31 de outubro de 2017.
No caso das axudas correspondentes ao programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR349X) o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da contratación laboral que se produza ao remate da acción formativa, respectando, en todo caso, o límite máximo do 15 de decembro de 2017.
Excepcionalmente, nos supostos en que a acción formativa remate o 15 de decembro de 2017, de acordo co previsto no artigo 26 desta orde de convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes das axudas previstas no capítulo III finalizará o 20 de decembro de 2017.

martes, 21 de febrero de 2017

BOLSA DE FORMACIÓN EN ESTUDOS RELACIONADOS CO DEREITO ADMINISTRATIVO

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


Obxecto
Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.
A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan os seguintes requisitos no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
– Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e algunha das seguintes titulacións universitarias: licenciatura/grao en Dereito.
– Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.
Outros datos
As solicitudes formalizaranse no modelo que se xunta como anexo I a esta convocatoria e deberán ir xunto coa seguinte documentación en orixinal ou copia:
1. Copia do DNI ou NIE do solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
2. Título correspondente ou, na falta deste último, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición. Só no caso de non autorizar a consulta.
3. Certificación académica en que se detallen as cualificacións obtidas nas distintas disciplinas. Para facilitar a valoración do expediente académico débese incluír na certificación a nota media obtida.
4. Currículo do/da solicitante (de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo II), con exposición dos méritos académicos e profesionais, así como relación dos traballos e publicacións sobre temas relacionados co obxecto da bolsa, debidamente acreditados.
5. Documentos que acrediten a formación en materias relacionadas co obxecto da bolsa alegados polo interesado no seu currículo.
6. Memoria que versará sobre a reforma administrativa da Administración autonómica galega, cunha extensión máxima de 20 follas.
7. Acreditación do curso de perfeccionamento de galego ou Celga 4, no caso de denegar expresamente a súa verificación.

CORRECCIÓN DE ERRROS.- AXUDAS PARA ACCIÓNS SILVÍCOLAS DE PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS ...

CONCURSO-OPOSICIÓN AO OBXECTO DE CONSTITUÍR UNHA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN


DEPUTACIÓN DE LUGO




1.- OBXECTO DA BASES ESPECÍFICAS: Constitución de listaxe de aspirantes a prestar servizos temporais como TÉCNICOS/AS DE XESTIÓN.
2.- BASES XERAIS: No presente proceso selectivo rexerán ás aprobadas na sesión por esta Xunta de Goberno do día 4 de decembro de 2015 e publicadas no BOP nº 289 de data 17 de decembro de 2015.
3.- RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino regulado no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
4.- CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS:
4.1.- DENOMINACIÓN DAS PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS: TÉCNICOS/AS DE XESTIÓN.
4.2.- GRUPO DE ENCADRAMENTO: Grupo A – Subgrupo A2.
4.3.- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir polo/a ocupante serán as corresponden á praza/posto/emprego de TÉCNICO/A DE XESTIÓN, na súa categoría de “posto de entrada”.
5.- ADSCRICIÓN: Ás distintas Unidades Administrativas, unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación.
6.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: As correspondentes a un TÉCNICO/A DE XESTIÓN, conforme á normativa estatal e comunitaria aplicable e aquelas outras que se determinan para este tipo de empregados na Relación de Postos de Traballo.
7.- REQUISITOS INDISPENSABLES:
7.1.- TITULACIÓN ACADÉMICA: De acordo co art. 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público para o acceso á Escala de Administración Xeral, Subescala de Xestión, Grupo A- Subgrupo A2, será necesario estar en posesión do título de Grao, Diplomatura universitaria ou equivalentes.
8.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4

lunes, 20 de febrero de 2017

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
A concesión de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nadas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nadas en Galicia.
Para os efectos do establecido neste punto, terá a condición de parella de feito a que figure inscrita como tal no correspondente Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, regulado polo Decreto 248/2007, do 20 de decembro.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 29 de setembro de 2017.

viernes, 17 de febrero de 2017

SUBVENCIÓNS A PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017 pola que aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego e se convocan para o ano 2017.

Finalidade
A concesión de axudas, polo procedemento de concorrencia competitiva, a proxectos audiovisuais das seguintes modalidades:
1.a. Modalidade A: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de ficción, segundo as seguintes submodalidades:
– Modalidade A.1: longametraxes de ficción de autoría galega que poñan en valor a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego, posúan unha alta capacidade de internacionalización e o seu orzamento total non supere o importe de 1.200.000 euros.
– Modalidade A.2: longametraxes que posúan un especial valor cinematográfico, cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego, teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional e conten cun orzamento total de produción superior a 1.200.000 euros.
1.b. Modalidade B: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de animación que posúan un especial valor cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.
1.c. Modalidade C: produción e coprodución de longametraxes documentais con especial valor cinematográfico que non empreguen como especial instrumento a recreación de ficción.
1.d. Modalidade D: produción de curtametraxes de ficción, animación e documental de autoría galega e en versión orixinal galega, cunha duración máxima de 30 minutos.
1.e. Modalidade E: producións ou coproducións de autoría galega destinadas a seren emitidas por televisión de acordo coas seguintes submodalidades:
– Modalidade E1. Longametraxes e miniseries televisivas de ficción de autoría galega, que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión. Consideraranse longametraxes de ficción para televisión aquelas producións que teñan unha duración mínima de 60 minutos. Consideraranse miniseries de ficción aquelas producións de 2 capítulos que teñan unha duración mínima de 52 minutos cada un.
– Modalidade E2. Longametraxes documentais para televisión de autoría galega que contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción. As longametraxes documentais para TV deberán ter un mínimo de 52 minutos de duración.
– Modalidade E3. Series de animación infantil e xuvenil destinadas a seren emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos.
Beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle de televisión privada nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Bolsas de formación que teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.
Persoas beneficiarias
Persoas que teñan unha titulación universitaria de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao para complementar os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 16 de febrero de 2017

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento colectivo en empresas de economía social, a través dos seguintes programas:
Programa I, dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, de traballadores e traballadoras con carácter temporal e de persoas socias en proba.
Programa II, dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como o fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, a través do financiamento das achegas económicas ao capital social.
Programa III, que ten por obxecto a concesión de subvencións que faciliten a posta en marcha de proxectos empresariais, tanto de nova creación de cooperativas ou sociedades laborais como xerados polas existentes.
Programa IV, que ten por finalidade o impulso dos procesos de integración empresarial de entidades de economía social, así como o lanzamento de proxectos de colaboración empresarial relacionados coa investigación, desenvolvemento e innovación, e coa loxística, comercialización e internacionalización.
Entidades beneficiarias
As cooperativas e sociedades laborais para os programas I, III e IV.
As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Outros datos
Os incentivos a que se refire esta convocatoria están sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos regulamentos da Comisión (UE) 1407/2013, 1408/2013 ou 717/2014, segundo proceda.

miércoles, 15 de febrero de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO E A ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
Realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:
– Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (programa I).
– Oficinas locais de fomento cooperativo e da economía social (programa II).
– Apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social (programa III).
Entidades beneficiarias
– As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
– Os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios, dun consorcio local ou dunha agrupación dun mínimo de catro concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas no programa II.
– As fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais, universidades e outras entidades sen ánimo de lucro, sinaladas nas alíneas d), e), f) e g) do número 1 do artigo 5 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, que teñan formalizada a súa adhesión a esta rede por medio de convenio de colaboración, asinado con anterioridade á publicación desta orde, para as actuacións e nos termos previstos no programa III.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Outros datos
Para os programas I e II, unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.

lunes, 13 de febrero de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA

DECRETO 12/2017 ORDENACION DE APARTAMENTOS TURÍSTICOS, VIVENDAS TURÍSTICA E VIVENDAS DE USO TURÍSTICO EN GALICIA

PROBA PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


RESOLVO:
Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2017, na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:
Condicións das persoas aspirantes.
1.1. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2017.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2016/17.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
1.2. As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais , as persoas aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.
Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes.
2.1. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 24 de febreiro e o 10 de marzo de 2017.
2.2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros educativos sinalados no apartado 3 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código do procedemento ED534A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
2.3. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
Realización da proba.
A proba realizarase o día 21 de abril de 2017 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
10. Características da proba.
10.1. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.
10.2. A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles terá unha duración de cinco horas e o segundo, de tres horas e trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso de dúas horas.
10.3. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
10.4. Primeiro exercicio, correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais.
a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura galega, nas que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.
b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura en lingua castelá, nas que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.
c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II. A partir dun texto ou textos propostos, a persoa aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame, que poderá ser inglés ou francés.
d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España.
10.5. O segundo exercicio, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias troncais xerais propias e as materias troncais de opción correspondentes a cada modalidade e itinerario. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas das materias de modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar.
A persoa aspirante realizará os exercicios correspondentes ás materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario que seleccione e doutras catro elixidas de acordo coas especificacións do anexo V.

CONVOCATORIA PROBAS PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE E.S.O. PARA MAIORES DE 18 ANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


RESOLVO: Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2017, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Teren feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Forma, lugar e prazos de presentación
1. Os prazos de matrícula serán:
Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 4 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
3. Xunto coa solicitude, achegarase a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI ou doutro documento equivalente cando se denegue expresamente a consulta.
b) Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados, de acordo coas especificacións establecidas nos números 2, 3 e 4 da epígrafe décimo primeira desta resolución.
c) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.
d) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia ou se denegue expresamente a consulta.
4. As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros, que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:
a) A Coruña:
– Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
b) Ferrol:
– Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
c) Santiago de Compostela:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
d) Carballo:
– IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
e) Lugo:
– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
f) Ourense:
– Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
g) Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, 36001 Pontevedra.
h) Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88, 36208 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
i) O Porriño:
– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
j) Tui:
– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
k) Vilagarcía de Arousa:
– IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.
l) Ponteareas:
– IES Val do Tea, rúa Feliciano Barrera, 15, 36860 Ponteareas.
5. Cando nos centros autorizados o número de persoas matriculadas exceda a capacidade dos espazos dispoñibles para realizar a proba, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que corresponda establecerá o centro ou centros en que os matriculados realizarán a proba.
6. No suposto anterior, o centro en que se formalice a matrícula elaborará listaxes definitivas de admitidos diferenciadas para cada centro no cal deben presentarse para realizar as probas. As listaxes organizaranse seguindo criterios de orde alfabética, por grupos de letras.
7. Para a realización das probas, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá agrupar nun único tribunal os aspirantes inscritos en dous ou máis centros, en caso de que o seu número non xustifique a creación dun tribunal.
Realización das probas
1. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 2 de xuño e 7 de setembro para as respectivas convocatorias.
2. Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.
3. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física.
Na segunda parte, das 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
Na sesión da tarde, das 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:
a) Lingua Galega e Literatura.
a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
a.2) Cuestións de Lingua Galega e Literatura.
b) Lingua Castelá e Literatura.
b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme ao disposto no punto a.1 para a Lingua Galega e Literatura.
b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
4. Seguindo as indicacións do equipo directivo dos centros onde se realizan as probas, o profesorado terá que colaborar nas tarefas de vixilancia dos exames.


SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE DIPLOMADOS/AS EN RELACIÓNS LABORAIS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO



OBXECTO DA CONVOCATORIA.
Constatándose que non hai Listaxe de Emprego Temporal de Diplomados/as en Relacións Laborais con aspirantes dispoñibles.
Considerando que no Informe Proposta da Unidade de Emprego da Área de Cooperación cos Concellos, Emprego, Benestar, Igualdade, Educación e Promoción Económica, de 23 de xaneiro do 2017, que consta no expediente, tense acreditado a necesidade urxente e inaprazable de incorporar, con carácter provisional, funcionarios interinos da categoría de Diplomados/as en Relacións Laborais, para atender as funcións especializadas da profesión regulada deste tipo de funcionarios para a execución das actuacións encomendadas ao dito Servizo, en materia de seguimento e control do cumprimento da normativa laboral e de seguridade social nas contratacións de persoal por empresas e entidades beneficiarias do programa Ben Empregado e outros e outras actividades de reforzo da Unidade de Emprego en materia de inserción laboral e estudos do mercado laboral, para poder atender axeitadamente as encomendas asumidas.
Visto as características do tipo de praza/posto/emprego obxecto desta convocatoria, son as seguintes:
Denominación: Diplomado/a en Relacións Laborais.
Clasificación: Grupo A. Subgrupo A2.
Retribución: As correspondentes a un/ha praza/posto de Diplomado/a en Relacións Laborais e de categoría de entrada.
EFECTIVOS A INCORPORAR PARA CUBRIR INTERINAMENTE A DEVANDITA PRAZA/POSTO/EMPREGO DE DIPLOMADO/A EN RELACIÓNS LABORAIS.
Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para elaborar unha Listaxe de aspirantes a prestar servizos como funcionario/a interino/a, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para realizar as funcións correspondentes á/ao praza/posto/emprego de Diplomado/a en Relacións Laborais.
Considerando que os motivos de necesidade e urxencia da incorporación destes efectivos está suficientemente xustificada e que se trata de funcións de carácter prioritario.
Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, xa mencionada, en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, á Xunta de Goberno,
ACORDOU:
1º.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso - oposición libre para a elaboración de listaxes de aspirantes a prestar servizos como funcionarios interinos en prazas/postos/empregos de Diplomado/a en Relacións Laborais, para atender ás necesidades de xurdan das distintas unidades da Deputación Provincial, mentres se considere necesario, urxente e prioritaria a súa incorporación transitoria.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán nestes procedementos selectivos estarase ás aprobadas pola Xunta de Goberno, na súa sesión do día 4 de decembro de 2015 e relativas á selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos á Deputación Provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados), que foron publicadas no BOP nº 289, do xoves 17 de decembro de 2015.
2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto da confección da Listaxe de funcionarios/as interinos/as para provistar, con carácter provisional, prazas/postos/empregos de Diplomado/a en Relacións Laborais.

SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA E CONTABILIDADE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO


1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
Constatándose que a vixente Listaxe de Emprego Temporal de Técnico Superior de Administración
Financeira e Contabilidade non conta con efectivos dispoñibles neste momento para poder ser nomeados.
Considerando que dende distintas Áreas e Unidades administrativas de carácter prioritario desta Deputación Provincial, nomeadamente do Servizo de Cooperación e Asistencia a Concellos tense manifestado a necesidade urxente e inaprazable de incorporar, con carácter provisional, funcionarios interinos da categoría de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade, para atender as funcións especializadas do dito tipo de funcionarios de apoio na xestión contable dos Concellos, necesidade acentuada ao terse producido a baixa, por excedencia voluntaria, dun funcionario de carreira, con data 3 de novembro do 2016, que viña prestando apoio aos Concellos nesta materia.
Visto as características do tipo de praza/posto/emprego obxecto desta convocatoria, son as seguintes:
Denominación: Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade.
Clasificación: Grupo A. Subgrupo A1.
Retribución: As correspondentes a un/ha praza/posto de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade e de categoría de entrada. 

EFECTIVOS A INCORPORAR PARA CUBRIR INTERINAMENTE A DEVANDITA PRAZA/POSTO/EMPREGO DE TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA E CONTABILIDADE.
Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para elaborar unha Listaxe de aspirantes a prestar servizos como funcionario/a interino/a, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para realizar as funcións correspondentes á/ao praza/posto/emprego de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade.
Considerando que os motivos de necesidade e urxencia da incorporación destes efectivos está suficientemente xustificada e que se trata de servizos que realiza funcións de carácter prioritario.
Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, xa mencionada, en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, á Xunta de Goberno,
ACORDOU:
1º.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso - oposición libre para a elaboración de listaxes de aspirantes a prestar servizos como funcionarios interinos en prazas/postos/empregos de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade, para atender ás necesidades de xurdan das distintas unidades administrativas da Deputación Provincial, mentres se considere necesario, urxente e prioritaria a súa incorporación transitoria.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán nestes procedementos selectivos estarase ás aprobadas pola Xunta de Goberno, na súa sesión do día 4 de decembro de 2015 e relativas á selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos á Deputación provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados), que foron publicadas no BOP nº 289, do xoves 17 de decembro de 2015.
2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto da confección da Listaxe de funcionarios/as interinos/as para provistar, con carácter provisional, prazas/postos/empregos de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade.


SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE ENXEÑEIRO/A TÉCNICO DE OBRAS PÚBLICAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

SERVIZO RECURSOS HUMANOS

Anuncio


OBXECTO DA CONVOCATORIA.
Constatándose que a vixente Listaxe de Emprego Temporal de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas non conta con aspirantes dispoñibles.
Considerando que no Informe Proposta do Servizo de Vías e Obras, que consta no expediente, tense acreditado a necesidade urxente e inaprazable de incorporar, con carácter provisional, funcionarios interinos da categoría de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas, para atender as funcións especializadas da profesión regulada deste tipo de funcionarios para a execución das actuacións encomendadas ao dito Servizo, tanto en materia de mantemento e conservación da extensa rede viaria de titularidade provincial como nos traballos de colaboración cos Concellos e na realización de obras novas, necesidade acentuada ao existir actualmente un déficit estrutural de efectivos desta clasificación en relación a etapas anteriores, que fai moi difícil atender ás encomendas asumidas.
Visto as características do tipo de praza/posto/emprego obxecto desta convocatoria, son as seguintes:
Denominación: Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas.
Clasificación: Grupo A. Subgrupo A2.
Retribución: As correspondentes a un/ha praza/posto de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas e de categoría de entrada.
- EFECTIVOS A INCORPORAR PARA CUBRIR INTERINAMENTE A DEVANDITA PRAZA/POSTO/EMPREGO DE TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA E CONTABILIDADE.
Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para elaborar unha Listaxe de aspirantes a prestar servizos como funcionario/a interino/a, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para realizar as funcións correspondentes á/ao praza/posto/emprego de Enxeñeiro/aTécnico/a de Obras Públicas.
Considerando que os motivos de necesidade e urxencia da incorporación destes efectivos está suficientemente xustificada e que se trata de servizos que realiza funcións de carácter prioritario.
Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, xa mencionada, en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, á Xunta de Goberno,
ACORDOU:
1º.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concursooposición libre para a elaboración de listaxes de aspirantes a prestar servizos como funcionarios interinos en prazas/postos/empregos de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas, para atender ás necesidades de xurdan das distintas unidades da Deputación Provincial, mentres se considere necesario, urxente e prioritaria a súa incorporación transitoria.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán nestes procedementos selectivos estarase ás aprobadas pola Xunta de Goberno, na súa sesión do día 4 de decembro de 2015 e relativas á selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos á Deputación Provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados), que foron publicadas no BOP nº 289, do xoves 17 de decembro de 2015.
2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto da confección da Listaxe de funcionarios/as interinos/as para provistar, con carácter provisional, prazas/postos/empregos de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas. 

martes, 7 de febrero de 2017

PREMIOS Á COOPERACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.
Outorgaranse premios nas seguintes categorías:
– Premio aos valores cooperativos, á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos.
– Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses, e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
– Premio á traxectoria cooperativa, á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses, e que destacase pola súa traxectoria no ámbito económico e social.
Beneficiarias
Poden participar nos premios á cooperación as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
Contía
O orzamento total ascende a quince mil euros (15.000,00 €).
Outorgarase un premio de cinco mil euros (5.000,00 €) en cada unha das categorías.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2017. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

CORRECCIÓN DE ERROS

CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Poden presentarse traballos nas seguintes modalidades:
a) Actividades artísticas, tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías e/ou vídeos, dirixidas ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.
b) Actividades cooperativizadas, dirixidas ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
c) Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
Beneficiarios
Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 30 de abril de 2017. Non obstante, se o período de presentación resultar inferior a un mes, as solicitudes e os traballos poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Outros datos
Os importes dos premios correspondentes ás modalidades de actividades artísticas e de actividades cooperativizadas serán aboados aos centros de ensino, que deberán destinalos á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, ou á realización dunha actividade formativa, deportiva ou cultural dirixida ao alumnado do centro.
Os importes dos premios correspondentes á modalidade de proxectos empresariais cooperativos serán aboados ás persoas autoras do proxecto.


viernes, 3 de febrero de 2017

PREMIOS E AXUDASO AOS PROXECTOS PILOTO INDUSTRIA 4.0

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
O obxecto destas bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes, así como das axudas á dita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.
Beneficiarios
1. Poderán obter os premios os organismos intermedios incardinados nalgunha das seguintes definicións:
a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes, nas súas diversas formas, e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.
b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á competitividade das pemes e promovan proxectos en que non persigan a obtención de beneficios.
2. Poderán ser beneficiarias das axudas as pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses e comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 1 de febrero de 2017

APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2017 os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. Tamén se convoca a axuda excepcional de adaptación ao sector produtor do vacún de leite.
Beneficiarios
Os pagamentos directos indicados no título II e as axudas de desenvolvemento rural recollidas no capítulo III e na sección 3ª do capítulo IV do título III desta orde só se concederán a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria. O requisito da actividade agraria tamén será exixible aos solicitantes das axudas de agroambiente e clima recollidas na sección 2ª do capítulo IV do título III.
Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2017, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o día 30 de abril, ambos inclusive.