lunes, 30 de abril de 2012

AXUDAS Á LIQUEDEZ A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS COMO CONSECUENCIA DA SECA

 
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
 ORDE do 23 de abril de 2012 pola que se regulan e convocan as subvencións para axudar a cubrir as necesidades de liquidez das explotacións agrarias como consecuencia da seca.
Tipo de axuda.1. As axudas establecidas nesta orde consistirán na bonificación de 3,25 puntos dos xuros dos préstamos que o beneficiario subscriba coas entidades financeiras colaboradoras, para que os solicitantes poidan dispor dunha cantidade máxima do 90 por cento da cantidade solicitada da axuda do réxime de pagamento único (RPU) recollida na Orde do 25 de xaneiro de 2012.
2. Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto no Regulamento (CE) n.º 1535/2007, da Comisión, do 20 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector da produción dos produtos agrícolas (DOUE L337/2007), quedando condicionadas polo establecido na normativa comunitaria sobre esta materia.
Contía da axuda. A contía da axuda consistirá na bonificación de 3,25 puntos do tipo de xuro anual sobre o préstamo que o beneficiario subscriba coas entidades financeiras, sendo o xuro total máximo do 6,25%. Esta contía non poderá exceder 7.500 € durante un período de 3 anos, incluíndo o total de axudas de minimis percibidas polo beneficiario nese mesmo período.
Beneficiarios:
Os titulares de explotacións agrarias
Requisitos:
a) Que teñan solicitada a axuda do réxime de pagamento único (RPU) recollida no capítulo II do título II da Orde do 25 de xaneiro de 2012 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2012 (DOG n.º 21, do 31 de xaneiro).
b) Que formalicen, como máis tarde o 30 de xuño de 2012, un préstamo con algunha das entidades colaboradoras acollidas ao correspondente convenio, por unha contía máxima equivalente ao 90 por cento da cantidade solicitada da axuda do réxime de pagamento único (RPU) recollida no capítulo II do título II da Orde do 25 de xaneiro de 2012. Esta cantidade poderase obter (descontando, de ser o caso, o importe da modulación) do documento de estimación de importes de axudas directas á agricultura e gandaría, que se obtén ao tramitar a solicitude unificada.
c) Que cumpran os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

viernes, 27 de abril de 2012

SUBVENCION PARA PERSOAS ADQUIRENTES, ADXUDICATARIAS OU PROMOTORAS INDIVIDUAIS PARA USO PROPIO DE VIVENDA

 
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
 

Beneficiarios
1.Poderán ser beneficiarias das devanditas subvencións aquelas persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral, ou adquirentes de vivendas usadas ou vivendas de prezo limitado acollidas ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
2. As circunstancias persoais do solicitante e da súa unidade familiar que serán tidas en conta para resolver sobre estas subvencións serán as acreditadas no expediente polo cal se outorgou o financiamento estatal así como as acreditadas pola documentación indicada no artigo 6º, punto 1, desta orde.
Para tal fin, para a tramitación destas solicitudes terase en conta a documentación xa presentada coa solicitude de financiamento estatal, sen que sexa preciso volver a presentala para a tramitación desta subvención.
 Requisitos

Para a concesión das subvencións é preciso que o solicitante formalizara o préstamo convido do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 entre o 6 de novembro de 2009 e a data de publicación desta orde, e ademais:
a) Cando se trate de promotor individual para uso propio de vivenda protexida, que conte coa cualificación definitiva da vivenda.
b) No caso de persoas adquirentes ou adxudicatarias, que conte coa escritura pública inscrita no rexistro da propiedade que acredite a transmisión da vivenda e na cal conste separadamente o prezo da vivenda e de cada un dos anexos se os tiver.
c) Que non obtivera con anterioridade as mesmas axudas que se convocan nesta orde.
d) Que na anterior convocatoria das axudas indicadas no punto anterior non se considerara que desistiu da súa solicitude salvo que fora por non achegar a escritura pública inscrita no Rexistro da Propiedade.
OUTROS ENLACES DE INTERESE:

PROGRAMA RENOVE Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS EXISTENTES.SUBVENCION Á COMUNIDADE DE PROPIETARIOS

 
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
 

Beneficiarios
Persoas físicas que promovesen actuacións de rehabilitación e que estean en posesión da cualificación definitiva, e ademais cumpran as condicións e requisitos que prevén os artigos 8 e 62 do Decreto 402/2009, do 22 de outubro.


OUTROS ENLACES DE INTERESE:



SUBVENCIÓNS ESTATAIS PROMOTORES DE VIVENDAS PROTEXIDAS DESTINADAS Á ARRENDAMENTO E PROMOTORES DE ALOXAMENTOS PROTEXIDOS ACOLLIDOS Ó PLAN DE VIVENDA 2009-2012

 
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
 

Beneficiarios
Persoas físicas ou xurídicas promotoras de vivendas protexidas destinadas a arrendamento e de aloxamentos protexidos.
Requisitos
A promoción terá que contar con cualificación definitiva emitida con anterioridade á publicación desta orde.

No suposto de que o solicitante sexa unha persoa xurídica ou titular dunha empresa, terase en conta o establecido no artigo 2 do Regulamento 1998/2006 da Comisión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea do día 28 de decembro de 2006.

miércoles, 25 de abril de 2012

PROGRAMA INNOEMPRESA

IGAPE
 
As presentes axudas poderanse conceder a pemes dos sectores de industria (incluída a agroalimentaria), contrucción, turismo, comercio e servizos, e a organismos intermedios que desenvolvan proxectos para pemes de estes sectores.
Beneficiarios:
1.- As pequenas e medianas empresas (pemes) ou que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto, que desenvolvan actividades subvencionables e conten con, alomenos, un empregado con contrato laboral.
2.- Os organismos intermedios, entendendo como tales:
a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á innovación e á modernización nas súas diversas formas ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.
b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á innovación e á competitividade das pemes e promovan proxectos nos que non persigan a obtención de beneficios.
 
 
OUTROS ENLACES DE INTERESE:
 

AXUDAS Á APICULTURA

 
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional, e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:
a) Prestar información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores en ámbitos distintos da sanidade apícola, formación de persoal de centros de envasamento e de laboratorios de organizacións apícolas, técnicas apícolas, divulgación. Para esta liña a subvención será de ata o 50% dos gastos.
b) Loita contra a varroase, actividades inescusablemente ligadas a un programa sanitario supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e funcionamento: asociacións de defensa sanitaria, custos de tratamentos químicos autorizados que non sexan subvencionados doutro xeito, métodos de loita biolóxica, mellora das condicións de tratamento das colmeas. Para esta liña a subvención será de ata o 50% dos gastos en produtos, outros materiais e asistencia técnica relacionada coa sanidade apícola, e de ata o 30% do custo da contratación dun veterinario, ou de ata o 80% no suposto de que a contratación sexa en exclusividade, cunha limitación de 25.000 € para subvención deste contrato.
c) Racionalizar a transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en equipamentos de uso exclusivo para manipulación de colmeas, divulgación de boas prácticas de transhumancia, acondicionamento de espazos para facilitar a transhumancia. Con cargo a esta liña, aboarase a subvención do seguro de responsabilidade civil, tanto para colmeas estantes como para as transhumancias. Para esta liña a subvención será de ata o 50% dos gastos, agás a identificación das colmeas na que a subvención será de ata o 70%.
En relación co establecido neste artigo, a subvención concedida a cada explotación apícola por liña de actuación, con cargo a esta orde de axudas, non poderá superar a cantidade de 25.000 euros no caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, ou de 60.000 euros no caso de cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, en canto existan outros titulares de explotacións que non obtivesen, por baixo do dito límite, a axuda solicitada e para a cal xustificasen o gasto.
A subvención máxima que se concederá calcularase multiplicando o número de colmeas situadas na Comunidade Autónoma incluídas no programa sanitario por 10 euros, sen superar o límite de 100.000 euros por solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 3.2.

Beneficiarios:
Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención das axudas estar inscrito no rexistro oficial apícola da comunidade autónoma polo menos con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2011. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular.
Requisitos:
a) Realizar ao menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e se regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas.
b) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
c) Ser titulares dunha explotación con mais de 75 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.

SUBVENCION PREVENCION E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS EN MVMC

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas establecidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2012 en réxime de concorrencia competitiva.
Liña I. Subvencións para o control selectivo de combustible.
Actividades subvencionables.
1. A prevención engloba todas aquelas accións encamiñadas a eliminar ou reducir os riscos que poden ser causa da ocorrencia de incendios forestais e da súa propagación.
2. As actuacións subvencionables nesta liña consistirán no control selectivo do combustible en devasas e faixas auxiliares de pista coa finalidade de reducir a carga de combustible presente no monte e crear zonas con descontinuidade horizontal e vertical, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos causados por estes sinistros, en caso de se produciren. Estes traballos realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do monte ou montes para os cales o beneficiario solicite a subvención.
3. Os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito conteñen as accións necesarias para a defensa contra incendios forestais e, alén das accións de prevención e outras medidas previstas en materia de emerxencias, inclúen a previsión e a programación integrada das intervencións das diferentes entidades implicadas no operativo contra incendios forestais.
4. Todas as iniciativas particulares de prevención e defensa deben estar articuladas e encadradas nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito, por tanto, as actividades subvencionables incluídas nesta liña deben estar sempre de acordo co previsto no devandito plan de prevención.
5. Dentro desta liña subvencionaranse as seguintes accións:
a) Devasas:
Consistirá na roza mecanizada do mato a feito. Non se inclúe nesta actuación as rozas en rexenerado de piñeiro nin en montes cunha fracción de cabida cuberta arborizada igual ou superior ao 20%. Son traballos que se encamiñan especificamente a romper a continuidade horizontal e vertical do combustible forestal cunha largura tal que en condicións normais deteña o lume e sirva de apoio aos medios terrestres para que nos labores de extinción realicen o ataque directo ou indirecto desde estas áreas, creando zonas estratéxicas co fin de dificultar o inicio e a propagación do lume e facilitar a defensa dos montes contra os incendios forestais.
A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.
b) Faixas auxiliares de pista.
Consistirá na eliminación nas marxes de vías e camiños forestais, do estrato arbustivo e subarbustivo, ata os catro metros desde a aresta exterior da vía ou camiño, sempre que sexa tecnicamente viable. Incluirase nesta actuación a roza de noiros e/ou da plataforma cando sexa necesario. O traballo realizarase con tractor de rodas de mais de 100 CV de potencia, dotado de brazo rozador ou rozadora de cadeas, segundo as necesidades.
A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.
c) Roza mecanizada en rexenerado de piñeiro.
Consistirá na roza mecanizada por faixas do mato con arboredo, co obxecto de defender a masa forestal, diminuír a densidade de pés e facela viable.
A masa forestal procederá da rexeneración natural de antigos piñeiros afectados polo lume, e a altura máxima dos pés será de 1,80 metros.
O traballo realizarase con tractor de rodas de máis de 100 CV de potencia, dotado de brazo rozador ou rozadora de cadeas, segundo as necesidades.
A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.
6. Nas devanditas actuacións deberán facerse as pasadas necesarias para que o mato quede perfectamente cortado e triturado; non se admite pisar a vexetación de maneira que se poida levantar co paso do tempo.
7. As actuacións poderanse desenvolver de xeito manual, con rozadoras ou apeiros manuais similares, se for necesario, mantendo sempre os importes e porcentaxes máximas de subvención previstas no artigo 20.
8. A superficie mínima para solicitar para todas as devanditas actuacións será de 10 ha e a máxima de 20 ha, para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 1.000 ha clasificadas como MVMC e de 40 ha como máximo, para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 1.000 ha. Estes máximos poderán incrementarse ata 30 ha no primeiro caso, sempre que, polo menos, se soliciten 10 ha para roza mecanizada en rexenerado de piñeiro e ata 60 ha, para o segundo caso, sempre que polo menos se soliciten 20 ha para roza mecanizada en rexenerado de piñeiro.
Requisitos:
1. A superficie forestal mínima por expediente será de duascentas cincuenta hectáreas (250 ha). Para acadar a superficie as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) poderán formar unha agrupación, as cales terán que ser estremeiras ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre localizarse nunha mesma provincia.

2. Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estea localizada nalgún espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG n.º 69, do 12 de abril) a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 100 ha.

As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións.

BOLSAS E BECAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

 

Presentación de solicitudes ata o 19 de maio.

PREMIOS Á COOPERACIÓN 2012

 
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

 



Convócanse os premios á cooperación para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva, regulados polas bases reguladoras contidas na Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG n.º 59, do 24 de marzo).

Premios
Outórganse os seguintes premios:
  – Premio aos valores cooperativos, cunha dotación económica de 6.000 euros.
– Premio ao mellor proxecto cooperativo, cunha dotación económica de 6.000 euros.
– Premio á promoción do cooperativismo, cunha dotación económica de 6.000 euros.

Presentación de solicitudes.
O prazo de presentación das solicitudes de participación nos premios á cooperación para o ano 2012 será ata o 16 de maio.
 As solicitudes tamén se poderán presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es/


ENLACES DE INTERÉS:
Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios

martes, 24 de abril de 2012

SUBVENCIONS DA CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA ÁS EMPRESAS

CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA



CORRECCION DE ERROS.- AXUDAS Á REORIENTACIÓN E COMPETITIVIDADE

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 15 de abril de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á reorientación e competitividade das pemes galegas, en parte cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

OUTRA INFORMACION DE INTERESE:

PROGRAMA DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 15 de marzo de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2012 do Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

O Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para asistencia técnica
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 30 de setembro de 2012 e respectaranse, en todo caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de subvención.

Nos prazos específicos para a presentación das solicitudes de subvencións, establecidos nos artigos 6.5 e 7.4 desta orde, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Beneficiarios:

As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circuntancias:

Requisitos:

a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50% do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.