jueves, 22 de noviembre de 2012

TIPOS DE XURO DO IGAPE

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

O tipo de xuro nominal anual fixo a que se formalizarán as operacións de financiamento na liña denominada «microcréditos», ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (programa Re-Imaxina) (DOG nº 120, do 25 de xuño de 2012), será de 3,256 puntos porcentuais.

martes, 13 de noviembre de 2012

REGULACION DOS FURANCHOS


Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza


 Obxecto
1. Este decreto ten por obxecto a regulación da actividade dos establecementos denominados furanchos, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Para este obxecto considéranse furanchos os locais utilizados principalmente como vivenda privada pero onde os/as seus/súas propietarios/as venden o excedente do viño da colleita propia elaborado na casa para o seu consumo particular, xunto coas tapas que, como produtos alimenticios preparados regularmente por eles/as, lle sirvan de acompañamento.
Para estes efectos, terá a consideración de excedente do consumo propio unha cantidade de viño que non exceda a que se obteña de aplicar á superficie da súa viña un rendemento máximo de 0,65 litros por metro cadrado.

jueves, 8 de noviembre de 2012

ESPAZO EMPRENDE CULTURA GAIAS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

En execución do convenio de colaboración asinado entre a Fundación Cidade da Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, en que ambas as entidades acordan poñer en marcha un proxecto de emprendemento cultural denominado Emprende Cultura Gaiás na Cidade da Cultura, a Agadic fai públicas as bases polas que se rexerá a participación de emprendedores e profesionais independentes do sector cultural.
En virtude do citado convenio, a Axencia Galega das Industrias Culturais será a entidade que xestione a incorporación de solicitantes aos espazos ofertados.
Tal incorporación rexerase polas presentes bases e polas convocatorias de prazas que se vaian ofertando, que serán publicadas periodicamente na páxina web da Agadic e da Fundación Cidade da Cultura.

Os solicitantes deberán pertencer a algún dos seguintes ámbitos dentro das industrias culturais: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, escritores-guionistas, editores, representantes e promotores artísticos, produtores, xestores culturais, programación de aplicacións informáticas e proxectos culturais na internet, e aqueloutros con vinculación no emprendemento cultural, e estarán suxeitos á decisión motivada da comisión avaliadora prevista na cláusula sexta das presentes bases.
Poderán admitirse profesionais independentes, ou emprendedores que se atopen en proceso de constitución de autónomos.
 Obxecto.Os solicitantes seleccionados poderán instalar o seu posto de traballo no espazo ofertado,dentro do Centro de Emprendemento Creativo de Galicia da Cidade da Cultura, coas seguintes prestacións incluídas na contraprestación:
– Unha mesa de traballo, con conexión telefónica e da internet.
– Un andel.
Servizos comúns:
– Sala de reunións, con internet wifi, proxector, ... (10-15 persoas).
– Despacho para reunións.
– Caixas de correo.
– Almacén-armario.
– Servizos de seguridade, videovixilancia e control de accesos.
– Subministración eléctrica, auga, calefacción e servizo de limpeza.
A Agadic proporcionará inicialmente apoio e asesoramento na creación da empresa, e  organizará periodicamente exposicións de ideas e proxectos, encontros empresariais e actividades de formación que apoien o desenvolvemento dos proxectos de emprendemento asentados no espazo Emprende Cultura Gaiás.

AUTORIZACION COMERCIAL AUTONOMICA


 Obxecto.- Este decreto ten por obxecto regular o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, en desenvolvemento do disposto na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
 Actividades suxeitas a autorización comercial autonómica1. De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, o sometemento á autorización comercial autonómica da instalación de establecementos comerciais ten como finalidade garantir a axeitada integración territorial do establecemento comercial a través da súa planificación urbanística e da execución previa das infraestruturas e dotacións necesarias, a súa compatibilidade desde o punto de vista da protección do ambiente e a accesibilidade dos cidadáns a estes equipamentos en condicións adecuadas.
Atendendo á antedita finalidade, unicamente precisará autorización comercial autonómica a instalación, a ampliación e o traslado dos establecementos comerciais individuais ou colectivos que, destinándose ao comercio retallista de calquera clase de artigos, teñan unha incidencia ambiental, territorial, urbanística e no sistema viario que transcenda o termo municipal en que se localicen, pola súa magnitude, importancia e características.
2. Para estes efectos, enténdese que unicamente teñen incidencia supramunicipal e, polo tanto, están suxeitos á autorización comercial autonómica, a instalación e o traslado dos establecementos comerciais cuxa superficie útil de exposición e venda ao público sexa igual ou superior a 2.500 metros cadrados, polo impacto territorial, urbanístico, viario e ambiental xerado. Tamén será preceptiva a citada autorización no caso de ampliacións de establecementos comerciais cando a superficie que resulte tras a ampliación sexa igual ou superior a 2.500 metros cadrados.
3. Serán nulas de pleno dereito as licenzas municipais de edificación e uso do solo e mais de actividade outorgadas para a instalación, a ampliación ou o traslado de establecementos comerciais que, precisando de autorización comercial autonómica de acordo co establecido nesta lei, fosen outorgadas sen ela.