martes, 30 de abril de 2019

AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS DE EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS CO OBXECTO DE REALIZAR ACTUACIÓNS DE MELLORA ENERXÉTICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán as condicións de axudas ás comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas protexidas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), para facer actuacións de mellora enerxética cofinanciadas con fondos europeos, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, correspondente ao código de procedemento VI420B.
Así mesmo, por medio desta resolución procédese á convocatoria desta subvención para o exercicio 2019.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as comunidades de propietarios/as dos edificios recollidos no ámbito de aplicación, que constitúan a totalidade dun mesmo edificio ou dun conxunto de vivendas unifamiliares e que vaian realizar actuacións de mellora de eficiencia enerxética obxecto da subvención e, ademais, cumpran os seguintes requisitos:
a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.
b) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.
c) Que posúan capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir cos obxectivos do proxecto polo que se solicita a axuda, en cumprimento do artigo 125.3.d) do Regulamento 1303/2013.
d) Que sexan seleccionadas conforme a prelación das puntuacións obtidas en aplicación do baremo previsto no ordinal décimo cuarto desta resolución e conforme a disposición orzamentaria existente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación da solicitude será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no mes de vencemento. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

lunes, 29 de abril de 2019

5 BOLSAS DE COLABORACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras e as condicións que deben reunir as persoas solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Persoas beneficiarias
Persoas españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciatura ou de grao en Comunicación, Humanidades e Ciencias Sociais, Documentación ou outras titulacións equivalentes, e que rematasen os seus estudos no curso académico 2010/11 ou posterior.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.- ORDE POLA QUE SE REGULA A APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTREGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL GALEUROPA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
O obxecto é a concesión de subvencións para os proxectos de mobilidade transnacional dirixidas á mocidade inscrita no SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, non ocupada nin integrada nos sistemas de educación ou formación, para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos, durante un período mínimo de 2 meses e máximo de 3, cun mínimo de 100 horas formativas mensuais.

Beneficiarios/as
BS324A. Mozos e mozas individualmente, inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil (en diante, SNGX) e que figuren como beneficiarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
BS324B. Entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.
BS324C. Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Outros datos
Todas as entidades e persoas ás cales se lles conceda a subvención recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida, se así o solicitan.
A concesión da subvención tramítase en réxime de concorrencia competitiva e efectúase, en cada procedemento, por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.
As subvencións están suxeitas ao réxime de custos simplificados baseados en custos unitarios. Na convocatoria establécense unhas táboas con importes que varían en función do país de destino, do número e da duración das mobilidades, así como do número de persoas que participen nos proxectos. Os conceptos subvencionables son:
– No procedemento BS324A, gastos para a realización das prácticas formativas non laborais, inclúe custos de aloxamento e manutención das persoas participantes, viaxe ao país de destino, transporte local e seguros de accidentes e responsabilidade civil, así como o seguro médico e subvencións para o apoio lingüístico.
– Nos procedementos BS324B e BS324C, ademais dos gastos para a realización das prácticas formativas non laborais (custos de aloxamento e manutención, viaxe ao país de destino, transporte local e seguros de accidentes e responsabilidade civil, así como o seguro médico dos mozos/as participantes), establécense outros gastos de apoio á organización e execución da mobilidade que comprende apoio a aspectos organizativos (que inclúen gastos como a convocatoria, a selección, o apoio lingüístico e a preparación sociocultural de participantes) e gastos de execución dos proxectos (apoio para as viaxes de mentores da entidade de envío e apoio para os gastos da entidade de acollida).
O prazo para xustificar as accións subvencionadas será o 9 de decembro de 2019.

SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS E TRADUTORAS NOS FESTIVAIS E NAS FEIRAS INTERNACIONAIS DO SECTOR DO LIBRO QUE TEÑAN LUGAR EN 2019

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que establecen o procedemento de concesión de subvencións a persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan a súa actividade no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en festivais e feiras internacionais do dito sector que teñan lugar no ano 2019 (código de procedemento CT221A).
Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe que permitan a asistencia a festivais e feiras internacionais do sector do libro. Fináncianse os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionada e que resulten estritamente necesarios para a realización da dita actividade.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2019.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que acrediten esta condición e desenvolvan a súa actividade no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega e que cumpran, ademais, os seguintes requisitos debidamente acreditados:
a) Ter asistido e participado nun festival ou nunha feira internacional do sector do libro no prazo establecido nesta orde.
b) Que acrediten o desenvolvemento da súa actividade obxecto da subvención no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
c) Ter publicado obra en Galicia e na actividade para a cal se solicita a subvención nos tres anos anteriores á publicación desta orde.
2. En todo caso, estarán suxeitas ás limitacións que establece o punto seguinte deste artigo.
3. Non se poden beneficiar das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 26 de abril de 2019

CORRECCIÓN DE ERROS.-AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS INNOVADORAS

PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS PARA 2019

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
1. O obxecto de estas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica (código de procedemento IN421G).
2. O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva e axustarase ao disposto nas propias bases, sen prexuízo do establecido na seguinte normativa de alcance xeral: Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, do 18 de novembro); Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño); Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20, do 29 de xaneiro); Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. As axudas recollidas nestas bases reguladoras, coa excepción daquelas en que os beneficiarios sexan administracións públicas locais ou entidades xurídicas sen ánimo de lucro que non poidan emprender actividades económicas que repercutan en terceiros, están suxeitas ás condicións que se establecen no capítulo I do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías), publicado no DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014.
As entidades xurídicas sen ánimo de lucro cando realicen actividades económicas de forma regular estarán suxeitas ás condicións que se establecen no citado capítulo I do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.
A presente convocatoria refírese ás axudas que aparecen definidas no capítulo III, sección 7, artigo 41.6.b). Axudas ao investimento para a promoción de enerxía procedente de fontes renovables, do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 14 de xuño.

Entidades beneficiarias
1. Poderán acceder á condición de beneficiarias das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e cos demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.
3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
4. As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
A publicación dos formularios de solicitude no DOG faise unicamente para efectos informativos.
2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

INCREMENTO DO IMPORTE DAS AXUDAS PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DAS CONFEDERACIÓNS E FEDERACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO E DAS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO DE CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL PARA 2019

100 BOLSAS PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR, CO FIN DE CURSAR ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR QUE SE INICIEN NO CURSO ACADÉMICO 20019/20

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Establecer as bases e convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen (100) bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar un ciclo de grao superior de formación profesional sostido con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán concorrer a esta convocatoria os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no exterior e que cumpran os requisitos contemplados no artigo 3 da devandita orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de 45 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 23.59 horas (hora peninsular española) do día en que finalice o dito cómputo.

SUBVENCIÓNS PARA A INNOVACIÓN, A DIXITALIZACIÓN E A IMPLANTACIÓN DE NOVAS FÓRMULAS DE COMERCIALIZACIÓN E EXPANSIÓN DO SECTOR COMERCIAL ARTESANAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
A concesión de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e de expansión do sector comercial e artesán.

Entidades beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable. Para as actuacións de expansión comercial previstas no artigo 4.1.3, que empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dada de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA EMPREGA MULLER PARA A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o 2019 dos incentivos á súa contratación por conta allea.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.
2. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.
3. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

miércoles, 24 de abril de 2019

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA MOVES ANUALIDADE 2019

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS STEM EN LINGUA INGLESA

                                                                                      CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o curso 2018/19.

Persoas beneficiarias
Alumnado que estea a cursar 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL) E ÁS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social (código de procedemento TR356A).

Obxecto
Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, previamente cualificadas no rexistro administrativo de Galicia.

Entidades beneficiarias
1. As empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos na orde de convocatoria para a axuda deste programa.
2. As empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para este programa comeza o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de setembro de 2019. Para este programa cada entidade só poderá presentar unha única solicitude.

Período subvencionable e xustificación das axudas
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.
A xustificación desta axuda deberá realizarse, como máximo, o 15 de novembro de 2019.


Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (código de procedemento TR356C).

Obxecto
Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, previamente cualificadas no rexistro administrativo de Galicia.

Entidades beneficiarias
1. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos na orde para os distintos tipos de axudas.
2. As empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral.

Tipos de axudas
1. As empresas de inserción laboral poderán acceder aos seguintes tipos de axuda deste programa (TR356C):
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EIL.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras a) e e). Se a subvención a solicitan as entidades promotoras, non poderán solicitala a empresa ou as empresas de inserción laboral que promovan.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para todos os tipos de axudas deste programa comeza a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 30 de setembro de 2019.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DESTINADO AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS PARA AS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA


Obxecto e réxime das subvencións
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as persoas vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que se tramitará co código de procedemento VI482C.
2. A concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, a través de convocatoria pública, mediante resolución da persoa titular da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
As subvencións do Programa do bono de alugueiro social con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero están destinadas a atender as seguintes unidades de convivencia:
a) As das mulleres vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación.
Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa, con resultado de morte.
b) As das fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, que se encontrasen nunha situación de dependencia económica da nai ou do agresor no momento do falecemento da vítima.
2. Para os efectos desta orde, considérase unidade de convivencia o conxunto de persoas que habitan e gozan dunha mesma vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF).

Solicitudes
1. A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpore como anexo I á correspondente resolución de convocatoria, debidamente cuberto. Deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.
Só se admitirá unha única solicitude por cada unidade de convivencia, salvo nos supostos en que as persoas solicitantes sexan as fillas e/ou fillos menores de 30 anos orfos. No caso de presentar máis dunha solicitude, só se tramitará a primeira das presentadas; todas as demais se terán por inadmitidas.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
4. No modelo de solicitude a persoa solicitante realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración de que non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e o seu importe.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para a mesma finalidade, con indicación do seu importe.
c) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia ten no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto, agás os supostos exceptuados no artigo 3.3.g) das bases reguladoras.
d) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa da unidade de convivencia ten vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non existe vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grado, coa persoa arrendadora da vivenda ou con calquera dos socios ou partícipes da persoa xurídica arrendadora, de ser o caso.
e) Compromiso de presentar a documentación acreditativa do pagamento de parte do alugueiro ou a declaración responsable, de ser o caso, dentro dos dez (10) primeiros días naturais de cada mes.
f) Declaración de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas previstas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
g) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
h) Declaración de que todos os datos da solicitude e dos documentos que se achegan son certos.

Procedemento de concesión e requirimentos de emenda
1. O procedemento iníciase de oficio, en réxime de concorrencia non competitiva, mediante a correspondente resolución de convocatoria da persoa titular da Presidencia do IGVS.
2. O prazo de presentación de solicitudes será o establecido na correspondente convocatoria, e rematará, en todo caso, co esgotamento da dotación orzamentaria da convocatoria, que se fará constar no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
3. Se a solicitude presentada non reunise os requisitos exixidos, requirirase a persoa solicitante para que no prazo de dez (10) días hábiles a emende ou achegue os documentos preceptivos, e advertirase de que, no caso de non atender o requirimento, se terá por desistida da súa petición, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
4. Unha vez completado o expediente e feitas as comprobacións oportunas, a persoa titular da xefatura da correspondente área provincial do IGVS elevará a proposta de resolución de cada expediente á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, quen, á vista delas e tendo en conta o límite orzamentario, resolverá o que segundo dereito proceda.

martes, 23 de abril de 2019

AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS/AS PARA A REPARACIÓN, REHABILITACIÓN E/OU ADAPTACIÓN DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán o procedemento de concesión das subvencións para a reparación, rehabilitación e/ou adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), correspondente ao código VI420A.
Así mesmo, por medio desta resolución procédese á convocatoria destas subvencións para o exercicio económico de 2019.

Persoas beneficiarias
Poderán ter a condición de beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas que estean contemplados no seu ámbito de aplicación, sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria e, ademais, cumpran cos seguintes requisitos:
a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.
b) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.
c) Que sexan seleccionadas conforme á prelación realizada en aplicación do baremo previsto no ordinal décimo cuarto desta resolución e conforme á disposición orzamentaria existente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación da solicitude será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e no mes de vencemento. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

CORRECCIÓN DE ERROS.-OFERTA DE PRAZAS XUVENÍS DENTRO DO PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2019

                                                                                       CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE

SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións para proxectos desenvoltos dentro dalgunha das catro dimensións seguintes (procedemento PR 804A):
a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.

Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
Non se considerarán agrupacións de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación a que pertenza a devandita organización, ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 22 de abril de 2019

INSTRUCIÓN 6/2019, DE 9 DE ABRIL, PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DIRECTA DE VIVENDAS

USO DE INSTALACIÓNS XUVENÍS DEPENDENTES DESTA CONSELLERÍA EN RÉXIME DE OFERTA CONCERTADA DURANTE 2019


CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
A Consellería de Política Social convoca a presente oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán de 2019, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I (código de procedemento BS304A).

Servizos ofertados e duración das quendas
O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:
a) Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
b) Do material, excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación, e que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
c) Xerencia e persoal de servizo.
A duración das quendas e as instalacións ofertadas serán as recollidas no anexo I.
O primeiro servizo de alimentación será o xantar do día da incorporación e o último, o xantar do último día de estadía concedido.

Entidades e grupos destinatarios
Poderán solicitar o uso das instalacións de referencia:
1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
2. Os consellos locais e municipais de xuventude.
3. As corporacións locais.
4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
5. Grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e, como tal, será responsable do cumprimento das obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.

Solicitude
1. As entidades locais, outras entidades, asociacións e escolas de tempo libre presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
2. Os grupos de persoas mozas non asociadas presentarán as solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
4. No número de prazas solicitadas incluiranse as correspondentes ás persoas integrantes do equipo de animación no caso de que a instalación se solicite para o desenvolvemento de actividades de tempo libre. Así mesmo, incluiranse as persoas que acompañen as persoas mozas en calidade de responsables destas, ou outro persoal que vaia estar na instalación durante o período solicitado.
5. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
6. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

OFERTA DE PRAZAS XUVENÍS DENTRO DO PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2019

                                                                                     CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 8 de abril de 2019 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2019 e se procede á súa convocatoria.

Obxecto
1. Para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2019 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento: BS303A, BS303F, BS303G, BS303H).
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.
2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/

Participantes
1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.
2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2019, cómpre destacar o seguinte:
a) As persoas nacidas no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
b) As persoas nacidas no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
3. Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio e saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5.
4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será intransferible.
5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
a) Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios se os precisara.
b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda dunha terceira persoa.
c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na páxina web de Xuventude (http://xuventude.xunta.es/).
En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto, a persoa menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.
As persoas solicitantes con discapacidade que cumpran os requisitos sinalados deben optar, de conformidade co artigo seguinte, por unha destas dúas vías: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.
6. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.
7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Tipos de solicitude e forma de presentación
1. As solicitudes poderán presentarse de forma individual ou múltiple e tramitaranse polo procedemento xeral ou polo procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade, de ser o caso, como se indica nos números seguintes.
2. As persoas que presenten unha solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo II, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303A).
As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude individual a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A. campamentos que se desenvolven en Galicia; polo tanto, exclúense os campamentos que teñen lugar noutras comunidades autónomas, relacionados no anexo I C.
As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).
3. As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude múltiple, tanto no procedemento xeral como no de inclusión.
A solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. As persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar tamén se poderán incluír na solicitude múltiple, equiparándose a súa situación a dos/as irmáns/as.
Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e actividade (mesmo código). Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións e quendas solicitadas.
Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude conxunta, so o poderán facer polo procedemento xeral, para as actividades do anexo I A e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.
As persoas que presenten unha solicitude múltiple deben empregar o formulario que se incorpora como anexo III, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303F).
As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude múltiple a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A. campamentos que se desenvolven en Galicia; polo tanto, excluénse os campamentos que teñen lugar noutras Comunidades Autónomas relacionados no anexo I C.
As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (procedemento BS303H).
O incumprimento do disposto neste número por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude.
Estas solicitudes teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera. Non obstante, no momento das adxudicacións desde a lista de espera teranse en conta como solicitudes individuais.
4. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:
a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A, B e C.
b) Os datos da persoa solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples, deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.
c) As solicitudes deberanas asinar os proxenitores ou persoas titoras dos/as menores solicitantes.
d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.
e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, quedando a persoa solicitante fóra do sorteo.
6. Transcorrido un mes desde a publicación da orde, a persoa interesada deberá comprobar, na páxina web http://xuventude.xunta.es/, a correcta mecanización da súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos da solicitude e o número de expediente asignado á persoa menor solicitante. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI do proxenitor ou persoa titora que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados ou non atopan a solicitude, deben chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, non procederá ningunha reclamación.
7. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 17 de abril de 2019

AXUDAS A NOVOS EMPRENDEDORES (GALICIA EMPRENDE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma, fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da subvención á creación de pequenas e medianas empresas por parte de novos emprendedores, así como aos proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño), e cumpran as condicións establecidas no artigo 4 das bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
Na convocatoria 2019.1 o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o 27.6.2019.
Na convocatoria 2019.2 o prazo de presentación de solicitudes comezará o 28.6.2019 e finalizará o 18.10.2019.

AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no exterior que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, que precisen dunha actuación urxente, para evitar ou paliar situacións de necesidade ou exclusión social, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características, as persoas que poidan ter a condición de beneficiarias.

Persoas beneficiarias
As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte.
Para os efectos da presente convocatoria, terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que nacesen en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos, con nacionalidade española, así como tamén os/as seus/súas fillos/as que teñan nacionalidade española e que se atopen vinculados con calquera concello galego no Padrón de residentes no exterior (PERE) ou no Censo electoral de residentes no exterior (CERA).
Excepcionalmente, para o caso de que estas persoas teñan que realizar unha viaxe e non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de novembro de 2019, ambos incluídos.

martes, 16 de abril de 2019

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR PARA 2019

PROGRAMA MOVES

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2019-2021 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES) (IN421Q, IN421R).
2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas, será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1.
Actuación 2: implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.
Actuación 3: implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
Actuación 4: implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas.
3. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Entidades beneficiarias
1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, os seguintes:

Tipo de actuación                                                                               Beneficiarios

Actuacións 1 e 2       Profesionais e autónomos; Persoas físicas; Comunidades de propietarios;                                             Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF                                   comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W
                               O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade                                        Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional

Actuacións 3 e 4     Profesionais e autónomos; Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen                                          personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R                                   ou W
                             O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade                                         Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional

2 Non serán beneficiarias destas axudas:
a) Empresas en crise segundo a definición do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
b) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará no prazo dun mes contado a partir do día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia do Programa MOVES.
2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará no prazo de dous meses contados a partir do día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria, comezará ás 9.00 horas e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2019.
3. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas ou, se é o caso, polas entidades colaboradoras.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DA ORDE DO 7 DECEMBRO DE 2018 POLA QUE SE PROCEDE Á 3ª CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PARA FINANCIAMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN EN UNIDADES FORMATIVAS DAS EMPRESAS

PREMIOS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Aprobar as bases reguladoras e convocar os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia), (código de procedemento TR320A).

Entidades candidatas
Poderán optar aos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia todo tipo de empresas, públicas ou privadas, galegas ou que conten con sede ou con centros de traballo en Galicia.

Tipoloxía de premios
Os recoñecementos dos Premios Responsabilidade Social Empresarial de Galicia son de dous tipos: Premio á Responsabilidade Social Empresarial, en que haberá 3 categorías, pequena, mediana e grande empresa e Mención á Conciliación, que non ten categorías sendo independente o tamaño da empresa.

Prazo de presentación das candidaturas
1. O prazo para a presentación das candidaturas será de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. A presentación de candidaturas ou, se for o caso, a súa posterior aceptación, leva consigo o sometemento ao establecido nesta convocatoria.
3. Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes entenderanse cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de candidaturas.

SUBVENCIÓNS PROGRAMA REENCONTROS NA TERRA PARA RESIDENTES NO EXTERIOR DURANTE O ANO 2019

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na Terra para o ano 2019, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía nunha residencia e, posteriormente, coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Persoas beneficiarias
As persoas emigrantes galegas que reúnan os requisitos establecidos nos números 1, 2, 3 e 4 da resolución da convocatoria:

1. Poderán ser beneficiarias deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1.1. Ser emigrante galega.
1.2. Ter a nacionalidade española.
1.3. Residir en América de maneira continuada, como mínimo, durante os últimos dez (10) anos.
1.4. Ter, cando menos, 65 anos feitos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
1.5. Non ter participado nos últimos dez (10) anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral ou do Estado español.
1.6. Valerse por si mesmas e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditar mediante os correspondentes certificados médicos.
1.7. Contar co consentimento de familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade para que residan con eles se deciden prolongar a súa estadía en Galicia.
1.8. Ter ingresos inferiores a dúas veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social do Estado español para o ano desta convocatoria, segundo o país de residencia. Se a persoa solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da devandita cifra polo número de persoas que convivan menos unha.
Non obstante, estas contías, por proposta do órgano instrutor, poderán ser modificadas pola persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración para aqueles países en que teña aumentado o índice de prezos de consumo por riba dun 3 %, no momento de resolución da convocatoria.

2. As persoas solicitantes poderán vir acompañadas polas unidas a elas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga de afectividade, sempre e cando estas residan en América, cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.5 e 1.6 e presenten a documentación xustificativa.

3. Entenderase como unidade económica familiar a integrada pola persoa solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe, parella de feito ou relación análoga de afectividade, así como os/as fillos/as e parentes por consanguinidade ou adopción ata o segundo grao, sempre que convivan coa persoa solicitante.

4. No caso das relacións de feito análogas ao matrimonio, as persoas solicitantes terán que acreditar que levan convivindo polo menos un ano, e tal circunstancia poderase probar por medio da inscrición no rexistro correspondente, por manifestación expresa mediante acta de notoriedade ou por calquera outro medio admisible en dereito. No caso de teren descendencia en común, chegará con acreditar a convivencia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

lunes, 15 de abril de 2019

AXUDAS DESTINADAS Á COLABORACIÓN NO FINANCIAMENTO DE INTERVENCIÓNS ARQUEOLÓXICAS E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA 2019

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Finalidade
A concesión de axudas, polo procedemento abreviado de concorrencia non competitiva, aos promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, nos casos en que a Consellería de Cultura e Turismo ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, en concepto de colaboración no financiamento do custo da execución do proxecto arqueolóxico realizado de acordo cos requisitos establecidos nos artigos 96 e 97 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Beneficiarios
Empresarios (persoas físicas ou xurídicas) e as persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas comprendidas no ámbito da presente orde, desenvoltas en bens inmobles de titularidade privada, sempre que non se atopen en ningún dos supostos dos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que as actuacións arqueolóxicas estean autorizadas e fosen realizadas desde o ano 2015 en diante e estean finalizadas na data de publicación da presente orde.
b) Que as actuacións se desenvolvesen conforme os proxectos arqueolóxicos presentados e se cumprisen as obrigas de responsabilidade da dirección de acordo co establecido no Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que se acredite a presentación e a entrega dos correspondentes informes valorativos ou das memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais de acordo co citado Decreto 199/1997.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

CORRECCIÓN DE ERROS.-SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

viernes, 12 de abril de 2019

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E MÚSICA PARA 2019

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
A finalidade destas axudas é o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CT213A).

Entidades beneficiarias
1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e que cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases.
2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.