jueves, 29 de septiembre de 2011

BOLSA DE FORMACIÓN NO INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA (IGE)

Obxecto: convocatoria dunha bolsa de formación na área de estatística pública no Instituto Galego de Estatística.
Beneficiarios: Persoas con grao ou titulación equivalente en matemáticas (con orientación currricular en estatística e investigación operativa) ou en economía.
Prazo de presentación: ata o 26 de outubro de 2011.

Máis información no Dog do 26 de setembro de 2011

jueves, 22 de septiembre de 2011

AMPLIACIÓN PLAN RENOVE EQUIPOS ILUMINACIÓN INTERIOR


Obxecto: É obxecto desta resolución a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de equipamentos de iluminación interior existentes, a que fai referencia a Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de sub­vencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, publicada no DOG n.º 12, do 19 de xaneiro.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as comunidades ou mancomunidades de veciños, as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado (propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario, empresas de servizos enerxéticos, empresas municipais da vivenda,…) sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3º se realice en vivendas, edificios de vivendas ou edificios terciarios da súa titularidade sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 22 de outubro de 2011.

Enlaces relacionados:
Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á súa convocatoria. 

PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a reducir o consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico, a través da substitución de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos e placas de indución e de gas por equipamentos con etiquetaxe enerxética de clase A ou superior segundo o establecido no artigo 3, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia que adquiran un equipamento dos mencionados no artigo 3 e que se instale na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que se publiquen no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Este convenio estará en vigor o día seguinte ao da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2011.
 

miércoles, 14 de septiembre de 2011

PREMIOS INNOVA-G 2011

II Edición Premios INNOVA-G 2011

Organiza
Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC)
Obxecto
Os premios INNOVA-G dirixidos a recoñecer o talento e a valía das empresas tecnolóxicas galegas, de internet e contidos dixitais, os seus produtos ou servizos, os seus proxectos 2.0 así como os emprendedores e as start-up galegas con maior proxección.
Dirixidos
 Empresas galegas que cos desenvolvementos tecnolóxicos, proxectos en Internet e contidos dixitais, fan que Galicia estea á vangarda TIC.
Categorias:
Mellor start-up galega
Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0
Mellor campaña social media
Mellor desenvolvemento 2.0
Mellor aplicación para dispositivos móviles
Mellor deseño para todos
Mellor desenvolvo centrado nos cidadáns
Mención de honor a entidades pola súa labor en impulsar a sociedade da información
Mención de honor pola súa difusión TIC
Participación:Poderanse rexistrar as candidaturas desde o 12 de Setembro de 2011, ata o 26 de Setembro de 2011 ás 12:00 horas.
O período de votacións empezará o 27 de Setembro de 2011 e terminará ás 12h do 10 de Outubro de 2011.
O 11 de Outubro de 2011 coñeceranse os premiados polos internautas e polo xurado a través da web oficial dos premios
A entrega dos premios  realizarase o día 14 de Outubro de 2011 en Santiago de Compostela, na Sala de Conferencias do Centro Social Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, nº 17) ás 12h.
Máis información
Toda a información en: http://www.premiosinnovag.org/bases
Gañadores da anterior edición
Fotos da entrega de premios da anterior edición
Segue os premios en facebook e twitter

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA


Obxecto: Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética, tal e como se definen por sectores de actividade nas epígrafes do anexo I, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.
Beneficiarios: Poderán obter a condición de beneficiarios as persoas e entidades especificadas para cada unha das liñas de axudas no anexo I destas bases, que se referirán a todos ou parte dos seguintes supostos xerais:
a) As persoas físicas maiores de idade ou emancipadas que teñan plena capacidade de obrar.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos.
c) As empresas que teñan contratada a xestión enerxética de inmobles e instalacións de titularidade pública ou privada, e que o obxecto dos correspondentes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. O pagamento dos servizos que prestan as ditas empresas baséase na obtención de melloras de eficiencia enerxética e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos. Contarase, en todo caso, co visto e prace do titular do inmoble ou instalación, por se dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes.
d) Os distintos tipos de administracións públicas.
e) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica. Nestes casos, deberase facer constar expresamente tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Fundacións, asociacións, comunidades de bens ou calquera tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen ánimo de lucro, tales como comunidades de propietarios, comunidades hereditarias ou en xeral entidades de base patrimonial que, aínda carecendo de personalidade xurídica, conten cunha administración común para levar a cabo a actuación para a que solicitan a subvención.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 15 de novembro de 2011.

AXUDAS EN ESPECIE NO SECTOR DE CANLE DE DISTRIBUCIÓN DA INDUSTRIA EDITORIAL


Obxecto: As axudas en especie obxecto desta Convocatoria consisten na posta a disposición dos autónomos e pemes beneficiarios, da «Solución Xestión de Punto de Venda», e comprenderán os medios técnicos, os equipos informáticos e o software necesario para a implantación da solución, así como o asesoramento e a asistencia correspondente para proceder á devandita implantación, tal e como se describen na Base sexta da presente Convocatoria.
Beneficiarios: Para poder concorrer ao procedemento de concesión das axudas en especie deste Proxecto Demostrador, os solicitantes deberán ser autónomos e pemes que cumpran, e acrediten mediante documentación correspondente, todos e cada un dos seguintes requisitos específicos:
a) Dispoñer dun contrato de conexión a Internet de Banda Ancha, así como de dirección de correo electrónico, durante o período establecido no punto 2 da Base novena.
b) Ter un equipo de entre 0 e 9 empregados.
c) Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non exceda de 2 millóns de euros.
d) Desenvolver a súa actividade principal no sector de canle de distribución da industria editorial (comercio polo miúdo de libros, xornais e papelaría) (CNAE 2009: 4761 Comercio ao por menor de libros en establecementos especializados e 4762 Comercio ao por menor de xornais e artigos de papelaría en establecementos especializados).
e) Ter unha antigüidade mínima de dous (2) anos dende a súa constitución. O devandito prazo resulta imprescindible para medir obxectivamente a produtividade inicial consolidada da empresa e a produtividade final despois do Proxecto Demostrador.
f) Non estar incurso en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións.
g) Non se tratar dunha empresa de natureza pública ou con conxunto de accionistas da devandita natureza
h) Que o seu domicilio social estea establecido nalgunha das seguintes Comunidades Autónomas: Andalucía, Canarias, Comunidade Valenciana, Extremadura, Castela La Mancha, Asturias, Galicia ou Castela e León.
2. Os solicitantes deberán achegar a correspondente certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 19 de outubro de 2011.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


 Obxecto: Establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que xestionen os centros do tipo expresado no artigo 3, letras a), b) e c) da Orde do 25 de xaneiro de 2008, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, isto é: albergues, centros de acollida e inclusión e comedores sociais.
 Beneficiarios: Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social referidas no artigo anterior, sempre que se atopen debidamente inscritas con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro (DOG n.º 218, do 14 de novembro), e pola Orde do 5 de febreiro de 1996 (DOG n.º 35, do 19 de febreiro), que desenvolve o anterior, e cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Será requisito previo ao outorgamento das subvencións a obtención da autorización para o inicio de actividades, prevista no Decreto 143/2007, do 12 de maio (DOG n.º 147, do 31 de xullo), polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais.
3. No suposto de entidades que recibiran subvención da Xunta de Galicia para mantemento de centros ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2010 (DOG n.º 15, do 24 de xaneiro de 2011), será requisito previo para a concesión da subvención a presentación do balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o exercicio anterior, a que se refire o artigo 15.5 (anexo V).
4. As entidades que accedan a esta convocatoria deberán dedicarse con carácter preferente, en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións recollidas no artigo 1.
 Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 8 de outubro de 2011.

lunes, 5 de septiembre de 2011

BANDO

                       BANDO

D. JESÚS MANUEL NÚÑEZ DÍAZ, Alcalde-Presidente do Concello de AS NOGAIS (Lugo),


F A G O     S A B E R:


 Está aberto o prazo para solicitar ás axudas  autonómicas  para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.



Para máis información achegarse ás Oficinas do  Concello en horario de 8 a 15 h de luns a venres.



Dado en As Nogais, a 5  de setembro  de 2011

O ALCALDE


MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN


 

XEFATURA DO ESTADO

AXUDAS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS GALEGAS

SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN NO COMERCIO RETALLISTA GALEGO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Obxecto:  Regular o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego e as condicións de colaboración (anexo I). As entidades colaboradoras actuarán como canle entre os/as beneficiarios/as e a consellería nos termos establecidos nesta orde. Tendo en conta que as entidades colaboradoras van ser persoas suxeitas a dereito privado, a selección realízase mediante un procedemento sometido aos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non-discriminación e a colaboración formalizarase mediante convenio.
 Así mesmo, por medio desta orde apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e procedese á súa convocatoria para o ano 2011 (anexo II) e ten por obxecto promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego, mediante a adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos para o ano 2011.
 
Beneficiarios:  Para os efectos do ANEXO I,  entenderase por entidade colaboradora as empresas privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os/as empresarios/as individuais que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo en Galicia, que realicen actividade económica con ánimo de lucro relacionada coas accións que se fomentan a través desta orde e que acrediten os requisitos de solvencia técnica, económica e de eficacia, recollidos nesta orde e nos seus anexos.
 Non poderán acadar a condición de entidade colaboradora as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de entidade que, aínda que realice actividade empresarial, careza de personalidade xurídica propia.
As entidades colaboradoras adheridas non poderán en ningún caso ser beneficiarias das subvencións convocadas nesta orde.
Para acceder á condición de entidade colaboradora, as entidades solicitantes deberán asumir os compromisos establecidos para este fin, así como reunir os requisitos e demais condicións establecidos nesta orde e nos seus anexos.
Mais información:
 a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/), a súa epígrafe de subvencións e na oficina virtual.
b) O teléfono 981 54 55 97/981 54 55 07 e o fax 981 54 55 41 da dita dirección xeral.
c) O enderezo electrónico: cei.dxcomercio@xunta.es
d) Presencialmente.
 Para as axudas do ANEXO II, poderán solicitar e beneficiarse das subvencións para as actuacións subvencionables recollidas no artigo 4 das bases desta convocatoria, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, os/as comerciantes que realicen a súa actividade única e exclusivamente como comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, e as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia e que, entre outros requisitos, estean incluídos dentro das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo IV desta orde, e non estar dados de alta noutras epígrafes distintas ás recollidas no citado anexo. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Para entidades colaboradoras serán en réxime de concorrencia competitiva ata o 30 de setembro do ano 2011.
Para as axudas do ANEXO II, serán en réxime de concorrencia non competitiva ata o 10 de novembro de 2011, ou ata que se esgote o crédito orzamentario se se produce este esgotamento en data anterior.