viernes, 19 de octubre de 2018

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 9 de outubro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Obxecto
Concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e de carácter non periódico (código de procedemento BS613B).
Unicamente poderán ser obxecto de financiamento para esta convocatoria as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2018.

Persoas beneficiarias
Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, segundo o establecido no Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. Así mesmo, considerarase que presentan unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a súa presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal co que serviu de partida, que é o da publicación no Diario Oficial de Galicia e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Outros datos
Será requisito indispensable para poder optar á axuda ao abeiro desta orde, que a entidade/profesional autónomo prestadora/or do servizo de promoción da autonomía persoal figure inscrita/o, con anterioridade ao prazo de finalización de presentación de solicitudes, no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), segundo se dispoña na normativa reguladora da autorización e acreditación destes servizos, cuxo responsable é a Consellería de Política Social. No caso de que a persoa reciba a prestación a través dunha entidade ou profesional localizada no resto de España, a persoa solicitante deberá acreditar a inscrición da entidade ou profesional prestador/a do servizo no rexistro de servizos sociais equivalente na dita comunidade autónoma.

jueves, 18 de octubre de 2018

AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE CONSUMIDORES PARA ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN, FORMACIÓN E DIVULGACIÓN EN MANTERIA DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA


Obxecto
As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica coas especificidades que se establecen no artigo 2 das súas bases reguladoras.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes comezará ao día seguinte da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación no DOG.

AMPLIACIÓN DO CRÉDITO DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS DE TAXI ADAPTADOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

miércoles, 17 de octubre de 2018

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2 E 4, NO ANO 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (ED114A) (DOG núm. 176, do 14 de setembro). Segundo o sinalado no seu punto terceiro, as probas terán lugar entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro de 2018, e serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia e mais na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

De acordo con isto,

RESOLVO:

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) convocados mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística:

Celga 4: 17 de novembro de 2018.

– Celga 2: 24 de novembro de 2018.

martes, 16 de octubre de 2018

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para a adquisición de vivenda previstas no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, que se tramitarán co código do procedemento VI435A.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para a anualidade 2018.
3. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán beneficiarse das axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de trinta e cinco anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.
Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a seguir. O referido límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
c) Ter subscrito a partir do 1 de xaneiro de 2018 ou estar en condicións de subscribir un contrato de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos:
– Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data da correspondente convocatoria.
– Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
– Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fose realizada con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.
g) Que nin a persoa solicitante nin calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por transmisión mortis causa. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou que a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.
2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados no parágrafo anterior para poder ser beneficiaria da axuda.

Importe
1. A contía da axuda para a adquisición será de ata dez mil oitocentos euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa propietaria, o importe da axuda que puidese recibir un/unha beneficiario/a que adquira unha parte dela determinarase aplicando, ao importe da axuda que correspondería da adquisición do 100 % da vivenda, a porcentaxe de cota adquirida.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) rematando, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

ADHESIÓN DE ENTIDADES FINANCEIRAS AO PROGRAMA RE-SOLVE 2018

lunes, 15 de octubre de 2018

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓN PARA A CONSOLIDACIÓN DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN ALIÑADAS COS RETOS EXTRATÉXICOS E PRIORIDADES IDENTIFICADAS NA RIS3 PARA GALICIA

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓN CREACIÓN E POSTA EN MARCHA DE UDS MIXTAS DE INVESTIGACIÓN ALIÑADAS COS RETOS EXTRATÉXICOS E PRIORIDADES IDENTIFICADAS NA RIS3 PARA GALICIA

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA O APOIO DE PROXECTOS PILOTO PARA O DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NO ÁMBITO AGROFORESTAL