lunes, 30 de junio de 2014

AXUDAS DE COMPENSACIÓN COMPLEMENTARIAS EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CABRÚN E AXUDAS PARA A REPOSICIÓN DE RESES

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2014:
1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nunha explotación de gando bovino, ovino e cabrún, rexistrada en Galicia, por motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levadas a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarios oficiais.
2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados e os casos de morte/sacrificio deses animais como consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
Beneficiarios
1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante as persoas titulares (físicas e xurídicas) de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.
2. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas titulares (físicas e xurídicas) de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
3. As persoas solicitantes das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas deberán ter a condición de Peme, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
4. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades que se encontren en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Inicio dos procedementos: presentación de solicitudes
1. Os procedementos de concesión das axudas reguladas nesta orde iniciaranse por instancia de parte, coa presentación das solicitudes de axuda por parte das persoas interesadas e empregando os seguintes formularios que figuran como anexos nesta orde:
a) Para as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante (do capítulo I desta orde): o anexo II para solicitar o período de baleiro da explotación (corresponde ao procedemento MR553A) e o anexo III para solicitar o período de tres meses posterior ao do baleiro (corresponde ao procedemento MR553B).
b) Para solicitar as axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún para a reposición (do capítulo II desta orde): o anexo IV (corresponde ao procedemento MR550A).
c) Para solicitar as axudas complementarias para a reposición de gando bovino, ovino e cabrún, nos casos de baleiro sanitario dunha explotación (do capítulo III desta orde): o anexo V (corresponde ao procedemento MR550B).
2. Para cada formulario de solicitude, e cando a axuda corresponda a unha pluralidade de persoas, poderá ser formulada nunha única solicitude por medio representante legalmente habilitado e, no seu defecto, co que figure en primeiro termo. Neste suposto, a presentación da solicitude inclúe un modelo de pluralidade de persoas solicitantes. Para facilitar este trámite, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas este e outros modelos normalizados.
3. Cada solicitude inclúe unha declaración responsable de titularidade de conta bancaria: nela a persoa solicitante anotará os datos bancarios correspondentes ao titular da explotación, para os efectos de pagamento das axudas, e así mesmo declarará a veracidade deles. Para identificar a conta bancaria anotarase o «código internacional de conta bancaria», recoñecido como «código IBAN»; este código consta de 24 caracteres: 2 letras que identifican o país «ES», 2 díxitos de control, e o nº da conta bancaria con 20 díxitos (son os antigos 20 díxitos que identificaban a totalidade da conta CCC).

jueves, 26 de junio de 2014

SUBVENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN PARA AS INDUSTRIAS CULTURAIS, ASOCIACIONISMO PROFESIONAL E SALAS DE ARTES ESCÉNICAS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para:
a) Promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.
b) Potenciación do asociacionismo profesional no ámbito da produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Fomentar a estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada que desenvolvan programacións artísticas de carácter profesional.
Beneficiarios e modalidades da subvención. Requisitos
1. Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as seguintes entidades:
Modalidade A: distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de outubro de 2014:
Modalidade A.1: subvencións para a distribución exterior de espectáculos de artes escénicas e musicais. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións/concertos e, en ningún caso, máis de oito no mesmo espazo.
Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.
Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.
Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma. Beneficiarios: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola comunidade autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.
Modalidade B: asociacionismo. Beneficiarios: entidades e asociacións profesionais representativas das empresas e profesionais no sector da produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural, que acrediten os seguintes requisitos:
– Ausencia de ánimo de lucro.
– Ter social ou estatutariamente como obxecto social a promoción de produtos culturais, en todas as súas modalidades, para a defensa dos intereses das empresas e profesionais destes ámbitos.
– Sede ou domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito de actuación autonómico.
Modalidade C: salas: persoas físicas ou xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 250 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2014. Exclúense salas cuxa titularidade pertenza á asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro. O solicitante deberá probar a dispoñibilidade da sala mediante fotocopia da escritura de propiedade, contrato de aluguer ou outros documentos válidos en dereito, e deberá estar en posesión da licenza de apertura da sala para a que solicita a axuda na actividade correspondente.
Prazo de presentación das solicitudes
1. O prazo para a presentación das solicitudes da modalidade A (distribución) será desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2014.
2. O prazo de presentación das solicitudes das modalidades B (asociacionismo) e C (salas), será de un mes desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACIÓN E CONTRATACIÓN (PROGRAMA FORCON)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto 
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2014 da fase de emprego do programa mixto de formación e contratación (Programa Forcon)  dirixido a mozos e mozas con baixa cualificación que sexan contratados en ocupacións incluídas nos sectores estratéxicos de Galicia
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias todas aquelas entidades que, pertencendo aos sectores estratéxicos establecidos no Plan estratéxico Galicia 2010-2014, teñan a condición de entidade colaboradora.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
5. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de entidade beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.
Prazo de solicitude: As axudas previstas nesta orde poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2014, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.


PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA PROMOVER A AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL DAS MULLERES COTITULARES OU TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


 Obxecto 
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social, e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias deste programa as mulleres, dedicadas ou incorporadas á actividade agraria incluídas nalgún dos seguintes colectivos e que cumpran os requisitos previstos para cada suposto:
1. Mulleres incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que a súa incorporación se produza a partir do 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014.
b) Ter cincuenta ou menos anos de idade na data da dita incorporación.
c) Que sexan cónxuxes ou descendentes da persoa titular da explotación agraria, sempre que este estea dado de alta nos citados réxime e sistema especiais.
d) Que sexan beneficiarias da redución do 30 por cento das cotas á Seguridade Social establecida na disposición adicional primeira da Lei 18/2007, modificada e ampliada pola Lei 35/2011, do 4 de outubro.
2. Mulleres de cincuenta ou menos anos de idade na data de alta na Seguridade Social incorporadas a partir do 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014 ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, titulares de explotacións agrarias nos seguintes supostos:
a) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria en funcionamento que lles fose atribuída tras un proceso de separación ou divorcio.
b) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria tras o falecemento, xubilación ou incapacidade recoñecida do seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao incluído.
c) Mulleres que se incorporen a unha explotación familiar en marcha, cando o seu cónxuxe cause baixa no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, por dedicarse a outra actividade e mentres este permaneza en situación de alta noutro réxime ou sistema da Seguridade Social.
Nestes casos, deberá producirse unha continuidade no funcionamento da explotación agraria de xeito que entre a data de alta no sistema especial da nova titular e a data do feito causante que determina o cambio de titularidade non transcorran máis de 12 meses.
3. Serán requisitos para poder acceder á condición de beneficiaria das axudas establecidas nesta orde que non estivesen de alta no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, nos 6 meses inmediatamente anteriores ao mes da súa alta no sistema especial, nin percibisen subvencións ao abeiro deste programa de incentivos en anteriores convocatorias.
4. Non poderán ser beneficiarias do programa regulado nesta orde as persoas nas que concorran as circunstancias previstas no punto 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
5. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
6. A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións, contidas nos puntos 4 e 5 anteriores, para obter a condición de beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.
Prazos de solicitude:
a)Aquelas incorporacións ao réxime especial de traballadoras por conta propia ou autónomas a través do sistema especial para traballadoras por conta propia agrarias, realizadas a partir do 1 de outubro de 2013 e a data de publicación desta orde de axudas, o prazo para a presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte a publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.
b) Para as incorporacións posteriores a publicación da orde de convocatoria, dous meses desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social.
Nos prazos específicos para a presentación das solicitudes de axudas, establecidos nesta orde, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da solicitude de alta na Seguridade Social. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2014, aínda que non transcorresen os prazos específicos previstos.

SUBVENCIÓNS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E A IGUALDADE NAS PEMES.

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenas e medianas empresas (pemes), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e para o fomento da igualdade laboral a través da implantación de plans de igualdade, da eliminación da infrarrepresentación feminina ou da garantía da conciliación da vida familiar e laboral.
Liñas e programas
1. Esta orde cubre as accións que se realizarán entre o día 1 de xaneiro de 2014 e a data de remate do prazo de xustificación destas axudas.
2. As actuacións subvencionables desagréganse nas liñas, I e II, e nos programas que se especifican a continuación:
Liña I (TR357B). Axudas para implantar a RSE nas empresas galegas.
Mediante esta liña subvencionarase a formación de persoal das empresas en materia de responsabilidade social empresarial. O obxecto desta formación é capacitar o persoal das empresas galegas para que elaboren a memoria de sustentabilidade ou memoria de RSE.
Liña II (TR357C). Axudas para o fomento da igualdade laboral.
Programa 1. Axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa. Polo tanto, non será de aplicación ás empresas coa obriga legal de implantar plans de igualdade, segundo o establecido no artigo 45.2 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.
Programa 2. Axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.
Programa 3. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
Prazo de solicitude: ata o 26 de xullo de 2014.

PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL E ÁS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
 Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2014, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.
2. Poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral. Non obstante, non se poderá proceder ao pagamento da axuda en canto non obteñan esa cualificación.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
5. A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obteren a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.
Tipos de axuda
1. As empresas de inserción laboral poderán acceder aos seguintes tipos de axuda:
a) A contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
b) A contratación de xerentes ou persoas técnicas necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción laboral.
c) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción.
d) A realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario.
e) A formalización de préstamos con entidades financeiras.
f) A creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.
g) O inicio e posta en marcha da actividade.
h) O fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica.
2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias dos seguintes tipos de axuda:
a) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción.
b) O fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral.
Prazo de solicitude: 
O prazo de presentación das solicitudes das axudas previstas nesta orde rematará o 30 de setembro de 2014.

BOLSAS DE FORMACIÓN EN RÉXIME DE EMPRESA TUTELADA PARA TITULADOS EN CICLOS FORMATIVOS EN ACUICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura, así como proceder a convocar catro (4) bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de formación en réxime de empresa tutelada para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos
Beneficiarios/as: Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aqueles/as solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro/a con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Estar en posesión dun ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Pode presentarse aqueles/as alumnos/as titulados/as como técnicos/as en operacións de cultivo acuícolas e/ou técnicos/as superiores en produción acuícola.
c) Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.
d) Non ter sido beneficiario/a destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias.
Prazo de solicitude: ata o 17 de xullo de 2014.

PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO IEBT

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2014 do programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como Iebt e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
Para poder acceder ás distintas liñas de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.
Tipos de axuda
As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Prazo de solicitude:  O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2014.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓN PARA O FINANCIAMENTO DE FORMACIÓN ASOCIADA AOS CONTRATOS DE FORMACIÓN E APRENDIZAXE

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓN AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

AXUDAS AOS PRODUTORES QUE PARTICIPEN NOS PROGRAMAS DE PRODUCIÓN E MELLORA DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS CON CALIDADE DIFERENCIADA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para o exercicio orzamentario 2014, en réxime de concorrencia competitiva polo sistema de rateo, as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, e as súas bases reguladoras son as contidas na Orde do 11 de xuño de 2013, publicadas no DOG núm. 116, do 19 de xuño.
A finalidade desta liña de axudas é fomentar a participación dos agricultores e gandeiros nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada mediante a contribución ao financiamento dos custos fixos que esta participación ocasiona.
Prazo de solicitude: ata o 14 de xullo de 2014.


PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA E PROGRAMA DE EMPREGO NO MERCADO ORDINARIO DE TRABALLO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
Coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2014 das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, a través dos seguintes programas:
– Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria (anexo A).
– Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo (anexo B).
Persoas ou entidades beneficiarias das subvencións
Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde as que se establecen para cada programa regulado nos seus anexos, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.
 Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
Prazos de solicitude:
Os prazos de presentación de solicitudes do Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, regulado no anexo A desta orde, serán os seguintes:
a) As solicitudes de axudas á contratación deberanse presentar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2014.
b) As solicitudes de axuda pola adaptación de postos de traballo deberanse presentar antes do inicio desta adaptación, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2014.
c) As contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data de publicación desta orde poderanse acoller ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo para a presentación destas solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento, non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
O prazo de presentación de solicitudes do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, regulado no anexo B desta orde, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2014 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia no nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).
Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran nin os autónomos colaboradores.
Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estaren incursas nas prohibicións contidas nos números 5 e 6 anteriores para obter a condición de persoa beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.
Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014.
A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.
Prazo de solicitude:
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data da publicación desta orde, deberán presentarse no prazo dun mes contado desde a data de publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.
As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2014, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

CORRECIÓN DE ERROS.-SUBVENCIÓN FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

miércoles, 25 de junio de 2014

PROGRAMA INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2014 do programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego coa finalidade de xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
2. Ademais, tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
Tipos de axuda
O programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para formación.
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Prazo de solicitude: O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 30 de setembro de 2014 e respectaranse, en todo caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de subvención.
Subvención á xeración de emprego estable: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde a data da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, se é o caso, da mutualidade profesional. Non obstante, deberá ser respectado o prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde, aínda que nesta data non transcorresen os meses anteriormente citados.
Subvención financeira: A solicitude da subvención financeira deberase presentar nos dous meses seguintes ao inicio da actividade respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde, aínda que non transcorresen os dous meses anteriormente citados.
Subvención para a formación: A solicitude de subvención para a formación deberase presentar no prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde.
Subvención para o inicio da actividade:  A solicitude de subvención para o inicio da actividade deberase presentar no prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde.
Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras:  As solicitudes de axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar deberanse presentar no prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde

BOLSAS DE FORMACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E DO MAR

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
O obxecto desta orde é a convocatoria de 76 bolsas de prácticas, en réxime de concorrencia competitiva, en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes e en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, distribuídas da seguinte maneira:
– 16 bolsas de formación de tecnólogos, coa seguinte repartición por titulacións: 2 bolsas para licenciados en Enoloxía, 2 bolsas para licenciados en Ciencias Químicas, 2 bolsas para licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, 2 bolsas para enxeñeiros agrónomos, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas, 2 bolsas para enxeñeiros de montes, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos forestais e 2 bolsas para licenciados en Bioloxía.
– 16 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación coa seguinte repartición: 3 bolsas para o ciclo superior de Industria Alimentaria; 3 bolsas para o ciclo medio de Elaboración de Viño e Outras Bebidas ou Aceites de Oliva e Viños, 3 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Agraria, e 7 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Química.
– 9 bolsas de prácticas ás que poderán optar estudantes do 2º curso ou recentemente titulados en ciclos da familia Agraria ou ciclos da familia de Industrias Alimentarias e 7 bolsas de prácticas para os alumnos do primeiro curso dos ciclos da familia Agraria ou ciclos da familia de Industrias Alimentarias, nos centros de formación e experimentación agroforestal, dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.
– 28 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, para os recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en Veterinaria, licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e licenciados en Bioloxía.

PRESTAMOS JEREMIE-IGAPE

viernes, 6 de junio de 2014

REDISTRIBUCIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS PLAN PRIMEX

AXUDAS Á IDENTIFICACIÓN DO GANDO EQUINO E SUBSCRICIÓN DE RC PARA CABALOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2014, das seguintes liñas de axuda:
a) Axudas para compensar os gastos derivados da identificación do gando equino de Galicia en réxime extensivo.
b) Axudas á subscrición de pólizas de seguros de responsabilidade civil fronte a terceiros para équidos de Galicia en réxime extensivo.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de explotacións extensivas de équidos que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar a explotación oficialmente recoñecida como explotación equina extensiva, coa orientación zootécnica de reprodución para produción de carne e correctamente inscrita no Rexistro Galego de Explotacións Equinas.
b) Estar situada a explotación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Nos casos en que unha explotación estea integrada parcialmente por elementos territoriais situados noutra comunidade autónoma, considerarase dentro do ámbito de aplicación desta orde cando a maior parte da súa base territorial estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Cumprir coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir co resto dos requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Non ter sido sancionado pola Consellería do Medio Rural e do Mar por cometer infraccións en materia de sanidade ou benestar animal no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou de tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave, computados os prazos desde a data de presentación da solicitude de axuda.
2. Ademais de cumprir os anteriores requisitos, para o caso das axudas á subscrición de pólizas de seguros de responsabilidade civil por danos fronte a terceiros, os animais asegurados deberán cumprir coa lexislación vixente en identificación equina.
Prazo de solicitude: ata o 6 de agosto de 2014.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as normas para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da concesión de axudas previstas no Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, polo que se regula o recoñecemento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura e se establecen medidas de apoio á súa constitución e ao seu funcionamento.
Beneficiarios
1. Poderán solicitar estas axudas as agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura recoñecidas como tales pola Comunidade Autónoma de Galicia, ao amparo do disposto no Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, e demais disposicións que o desenvolvan.
2. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:
a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, ter sido declaradas en concurso, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a lei concursal, sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
h) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.
Prazo de solicitude: ata o 31 de xullo de 2014. 

jueves, 5 de junio de 2014

PROGRAMA DE APOIO AO SECTOR AGROGANDEIRO E AO DESENVOLVEMENTO RURAL

DEPUTACION DE LUGO



Obxecto 

Liña 1: Programa de recuperación e incorporación de terras para a posta en produción de recursos agrogandeiros
 O obxecto da presente convocatoria ten como finalidade articular as subvencións e axudas para o gandeiro ou agricultor individual, agrupacións de gandeiros ou agricultores, SAT e persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións para a incorporación de terras á superficie produtiva (en concepto de propiedade, 
aluguer, cesión ou doazón). 
 Para poder ser beneficiario da subvención será preciso dispor dunha superficie mínima de 1 Ha para a súa posta en produción, podendo ser nunha única parcela, varias ou parte dunha de maior superficie, pero respectando sempre o mínimo esixido. 
 A superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou doazón. No suposto de solicitude de incorporación de máis dunha parcela poderán empregarse indistintamente os conceptos anteriores para cada una delas. 
 Os beneficiaros deberán comprometerse a ter en produción a parcela para a que se lle concede a subvención por un período mínimo de dous anos (artigo 23.4.a da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación). 
 Liña 2: Programa de mellora da mobilidade rural e posta en valor dos núcleos rurais da Provincia: 
 Ten por obxecto o fomento da mellora da mobilidade e posta en valor dos núcleos rurais da Provincia, co 
seguinte obxecto: 
- Mellora, adecuación do firme e sinalización de camiños públicos de acceso a explotacións, terras, 
camiños forestais e núcleos rurais. 
- Acondicionamento de rutas de sendeirismo e sendeiros. 
- Construción de depósitos de auga contra incendios, bebedoiros de uso común e infraestruturas de 
regadío. 
- Construción ou rehabilitación e posta en valor de elementos tradicionais de uso colectivo, fontes, prazas 
públicas, etc.
Beneficiarios 
 Poderán ser beneficiarios das subvencións para a Liña 1: 
• Gandeiro ou Agricultor individual 
• Agrupacións de Gandeiros ou Agricultores, 
• Sociedades Agrarias de Transformación. 
• Persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións 
• Persoas físicas ou xurídicas que asuman o compromiso da súa incorporación á agricultura ou gandería. 
Poderán ser beneficiarios das subvencións para a Liña 2: 
• Asociacións de veciños e Entidades veciñais sen ánimo de lucro. 
• Comunidades de Montes. 
• Agrupacións de gandeiros e agricultores ou de produtores forestais. 
• Colectivos de usuarios.
Prazo de solicitude: ata o 2 de agosto de 2014 

PROGRAMA DE MELLORA DE ABASTECEMENTOS DE AUGA NO MEDIO RURAL

DEPUTACION DE LUGO


Obxecto 
O obxecto da presente convocatoria ten como finalidade articular as subvencións e axudas a comunidades de usuarios, asociacións de veciños e comunidades de montespara dotación de novas infraestruturas para o 
suministro de auga no medio rural (obra nova)e para a mellora e acondicionamento de redes de abastecemento de auga (instalacións xa existentes) 
Liñas subvencionables 
As subvencións reguladas por estas bases serán as referidas a algunha das seguintes liñas de actuación: 
• Liña 1. Axudas para a dotación de novas infraestruturas para o suministro de auga no medio rural 
(obra nova) 
• Liña 2. Axudas para a mellora e acondicionamento de redes de abastecemento de auga (instalacións xa 
existentes) 
Beneficiarios 
 Poderán ser beneficiarios das subvencións, tanto para a Liña 1 como para a Liña 2: 
• Comunidades de usuarios*. 
• Asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro*. 
• Comunidades de montes*. 
*Con personalidade xurídica propia. 
Prazo de solicitude: ata o 2 de agosto de 2014

NORMAS DE PESCA NAS AUGAS CONTINENTAIS DE GALICIA

miércoles, 4 de junio de 2014

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2014 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, en especial, as persoas mozas desempregadas menores de 30 anos, as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade e as persoas que esgotasen as prestacións por desemprego, a través dos seguintes programas:

I. TR349A. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial. Programa CONII (anexo I).
II. TR349C. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos. Programa Estabiliza (anexo II).
III. TR349D. Programa de incentivos á contratación temporal de colectivos en risco de exclusión social. Programa Inserta (anexo III).
IV. TR349G. Programa de incentivos ao contrato para a formación e a aprendizaxe (anexo IV).
V. TR349H. Programa de incentivos á contratación temporal de persoas mozas desempregadas menores de 30 anos (anexo V).
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás os concellos e as deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia para o programa establecido no anexo IV desta orde.
Prazo de solicitude: 
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2013, ou se é o caso o 1 de xaneiro de 2014, e a data da publicación desta orde, deberán presentarse no prazo dun mes desde a entrada en vigor desta orde.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
As axudas previstas nos diferentes programas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2014, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

lunes, 2 de junio de 2014

PROGRAMA DE APOIO FINANCIERO ÁS PEMES

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto: Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos financeiros das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25. 000 € con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.
Convocatoria e prazo de presentación de solicitudes
Convocar para 2014 o dito réxime de axudas en concorrencia non competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 20 de novembro de 2014, e concederanse as axudas de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará esta circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da citada Lei de subvencións de Galicia.

PROGRAMA DE MICROCRÉDITOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto: Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 €, con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca
Convocatoria e prazo de presentación de solicitudes:
Convocar para 2014 o dito réxime de axudas en concorrencia non competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 20 de novembro de 2014, concedéndose as axudas de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso de esgotamento do crédito o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da citada Lei de subvencións de Galicia.

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO ORZAMENTARIO DO PROGRAMA DE AUTÓNOMOS 2013

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto e principios
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos/as titulares de actividades gandeiras afectados/as polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.
2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Beneficiarios/as
1. Poderanse acoller a estas axudas os/as propietarios/as do gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que se produza algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou os/as propietarios/as de gando vacún leiteiro que teñan tres ou máis animais mortos por ataques de lobo nun mesmo ano ou máis de cinco nos tres últimos e nos casos nos que se poida demostrar unha clara neglixencia na protección dos animais contra os ataques do lobo.
Requisitos
O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:
a) Pertencer a unha explotación incluída no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.
b) Estar identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto. No caso do gando cabalar, asnar ou mular soamente deberá estar identificado individualmente de acordo coa normativa de aplicación.
c) No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza Celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do Programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.
Ademais, no caso de reprodutores, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.
Ámbito temporal
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014.