viernes, 30 de diciembre de 2022

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2022 DO PERSOAL SANITARIO FUNCIONARIO DE CREACIÓN DE ESCALAS DO PERSOAL SANITARIO AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 220/2022, do 29 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2022 do persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de Creación de Escalas do Persoal Sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma.

CORRECCIÓN DE ERROS.- OFERTA DE EMPREGO 2022 DE PRAZAS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 217/2022, do 22 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.



SUBVENCIÓNS PARA O PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DO COMERCIO

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

Obxecto
O financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable, dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e esté localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes retallistas fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).
c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009), aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).
En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655, así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.
No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal (anexo III).
1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.
As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.
b) Que teñan a sede social e o ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.
d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas na liña 1.1.c) deste artigo, en función da poboación do concello, que se indica a continuación:

Poboación concello                                       Mínimo comercios asociados

Menos de 5.000 habitantes                                           10

De 5.000 a 20.000 habitantes                                       20

Máis de 20.000 habitantes                                            50

En todo caso, o número de comercios asociados debe representar, como mínimo, o 40 % do número de socios da asociación.
e) No caso de federacións, que teñan ámbito provincial ou autonómico e teñan asociadas un mínimo de 15 asociacións de comerciantes que cumpran, ademais, os requisitos establecidos na letra d).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

LEI 7/2022 DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.


LEI 6/2022 DE ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA 2023

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

jueves, 29 de diciembre de 2022

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2023 e 2024, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme as estratexias de desenvolvemento local participativas dos grupos de desenvolvemento rural).

Beneficiarias
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será, como mínimo, dun mes e iniciarase o día 1 de xaneiro de 2023. Estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada grupo de desenvolvemento rural en función da dispoñibilidade de fondos.

Outros datos
Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos. Tamén serán subvencionables proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo e que careza de finalidade lucrativa.
Na xestión destas axudas participan os grupos de desenvolvemento rural (GDR) que foron seleccionados como entidades colaboradoras da Administración para a xestión da medida 19 (Leader) do PDR de Galicia 2014-2020.
As persoas beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50 % da subvención concedida.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AMPLIACIÓN DE CRÉDITOS PARA OS PROGRAMAS I E II

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de decembro de 2022 pola que se amplían os créditos establecidos para os programas I e II na Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022 e 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E e TR341N).

miércoles, 28 de diciembre de 2022

AMPLIACIÓN DE CRÉDITOS PARA OS PROGRAMAS I E II DE AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 26 de decembro de 2022 pola que se amplían os créditos establecidos para os programas I e II na Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022 e 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E e TR341N).

CONVOCATORIA PROBAS DE APTITUDE PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE XESTOR ADMINISTRATIVO

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Solicitude
1. As persoas que desexen participar nas expresadas probas de aptitude presentarán a correspondente solicitude, dirixida á persoa titular da presidencia do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, conforme o modelo que consta no anexo III.
2. O impreso de solicitude será facilitado polo Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (rúa Durán Loriga, 2, 1º, 15003 A Coruña), e estará ao dispor dos interesados na páxina web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (www.ga-galicia.com).

Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos procedementos seguintes:
a) Presentación en soporte papel:
As solicitudes presentaranse na sede do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (rúa Durán Loriga, 2, 1º, 15003 A Coruña) ou nas súas delegacións de Lugo (rúa Bolaño Rivadeneira, 2, entreplanta, 27001 Lugo), Ourense (rúa do Concello, 14, entreplanta, 34003 Ourense), Pontevedra (rúa Blanco Porto, 9, 1º, 36001 Pontevedra) e Vigo (rúa Montero Ríos, 14, 1º, 36201 Vigo) ou a través das oficinas de Correos mediante envío certificado.
b) Presentación telemática:
As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través da páxina web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (www.ga-galicia.com).
Documentación complementaria e dereitos de exame
1. As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
– Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento que acredite a identidade dos aspirantes.
– Xustificante de pagamento da cantidade de cen euros (100,00 €) en concepto de formación do expediente e dereitos de exame, ou documento xustificativo de exención do pagamento, de ser o caso.
O pagamento deberá formalizarse mediante ingreso en efectivo na conta corrente do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia que consta no modelo de solicitude, que deberá ser validada pola entidade bancaria mediante certificación mecánica ou, de ser o caso, mediante selo e sinatura autorizada dela, no espazo destinado para estes efectos.
A falta de acreditación do pagamento desta cantidade determinará a non admisión da persoa interesada ás probas de aptitude.
3. Procederase á devolución do 50 % das taxas en concepto de formación do expediente e dereitos de exame a quen se atope en calquera das seguintes circunstancias:
– As persoas con discapacidade ás cales se lles recoñeceu un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
– As persoas que se atopen en situación de desempregadas de longa duración.
– As familias numerosas.
– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.
Para acceder á devolución sinalada nos parágrafos anteriores son requisitos indispensables:
a) Probar documentalmente, no momento de presentación da instancia, estar comprendido dentro dun dos requisitos de devolución.
b) Terse presentado e realizado o exame o día da súa convocatoria.
c) Presentar solicitude de devolución dirixida ao Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia nun prazo de tres meses contados desde o día seguinte á data de realización do exame.

Requisitos
Para concorrer ás probas de aptitude, as persoas aspirantes deberán posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da publicación da relación de aspirantes declarados «aptos», os seguintes requisitos:
a) Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea, dos demais signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou dun país que conceda reciprocidade de títulos e dereitos. No caso de cidadáns doutros Estados, as persoas aspirantes deberán acreditar o permiso de residencia en España.
b) Ser maior de idade.
c) Non ser condenado a penas que inhabiliten para o exercicio de funcións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas no ámbito de ningún dos Estados membros da Unión Europea, dos demais signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou dos países cos cales que existan convenios de reciprocidade.
d) Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos:
– Licenciatura en Dereito, en Ciencias Económicas, en Ciencias Empresariais ou en Ciencias Políticas, de conformidade co artigo 6.e) do Decreto 424/1963, do 1 de marzo, de aprobación do Estatuto orgánico de xestor administrativo.
– Licenciatura no ámbito das Ciencias Económicas e Empresariais, do Dereito e das Ciencias Políticas que as sucederon no extinto Catálogo de títulos universitarios oficiais de España.
– Máster universitario implantado ao abeiro do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, adscrito á rama de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas e vinculado ao campo disciplinar dalgunha das licenciaturas requiridas polo estatuto orgánico.
– Titulación universitaria oficial obtida noutros Estados que acredite a súa equivalencia ao nivel MECES 3 e a súa homologación respecto a algunha das titulacións anteriores.

Desenvolvemento das probas
1. A realización das probas, que se anunciarán na forma sinalada na base 6.2, non poderá ter lugar antes de transcorridos dous meses desde a publicación da presente convocatoria.
2. As probas consistirán no desenvolvemento por escrito dos seguintes exercicios:
A) A resolución, por escrito, dun test consistente nun cuestionario de 100 preguntas baseado nas materias do programa, que estará composto por preguntas con respostas alternativas, das cales só unha é a correcta; valoraranse negativamente as contestacións erróneas. Valorarase cada resposta correcta en 0,10 puntos e cada resposta errónea restará 0,05 puntos.
B) Resolución dun suposto práctico, baseado nas áreas de coñecemento contidas no programa.
A duración máxima dos dous exercicios será de tres horas.
C) A tradución dun texto de castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización deste exercicio será de trinta minutos.
Estarán exentos da realización do exercicio de tradución os aspirantes que acrediten posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o nivel de coñecemento de lingua galega equivalente ao Celga 3, de conformidade co disposto na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

lunes, 26 de diciembre de 2022

AXUDAS DESTINADAS Á COLABORACIÓN NO FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS PARA 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 15 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT130A).

Obxecto
O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos (código de procedemento CT130A).
A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.
As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Entidades beneficiarias
Os entes locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA 2022

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 21 de decembro de 2022 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR352A).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS PARA 2022

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 15 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR905A).

LEI 5/2022 MEDIDAS URXENTES PARA A REDUCIÓN DA TEMPORALIDADE NO EMPREGO PÚBLICO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.

jueves, 22 de diciembre de 2022

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA 2022

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 21 decembro de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento SI434B).

AMPLIACIÓN DOS CRÉDITOS PARA O PROGRAMA III DE AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 20 de decembro de 2022 pola que se amplían os créditos establecidos para o programa III na Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento TR341M).

miércoles, 21 de diciembre de 2022

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN ÁS PERSOAS CONSUMIDORAS PARA 2023

 INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2022 pola que se establecen, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de protección ás persoas consumidoras e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CO400D).

Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas bolsas de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de graduado/a en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE DIVERSAS CATEGORÍAS ESTATUTARIAS DO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE DE GALICIA PARA 2022

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 215/2022, do 1 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia para o ano 2022.

CORRECCIÓN DE ERROS.- FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL PARA 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2023, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO PARA 2023

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MT809B).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MT809B).

Entidades beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2022 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se comunicase previamente o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do 20 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2022.
b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NOS CULTIVOS AGRÍCOLAS PARA 2023

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MT809E).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MT809E).

Entidades beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas:
a) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Prazo de presentación de solicitudes
a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2022 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se comunicase previamente o dano do xeito e no prazo previsto na Orde do 20 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2022.
b) Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012, de acordo co establecido no artigo 6 desta orde.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS A ENTIDADES COLABORADORAS DE PESCA CONTINENTAL PARA O FOMENTO DA RIQUEZA PISCÍCOLA PARA 2023

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca continental para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MT808A).

Obxecto
Axudas para actividades e investimentos de fomento da riqueza piscícola.

Persoas beneficiarias
Persoas xurídicas que teñan o nomeamento de entidade colaboradora de pesca continental, de conformidade co disposto na Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, e no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Este nomeamento deberá estar en vigor tanto no momento de presentar a solicitude de axuda como no momento do pagamento desta.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA AS PERSOAS TITULARES DE TERREOS CINEXÉTICOS DESTINADOS AO FOMENTO DA RIQUEZA E XESTIÓN DOS RECURSOS CINEXÉTICOS PARA 2023

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MT723A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer un réxime de axudas destinadas ás persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (código de procedemento MT723A).

Entidades beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas tanto as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, como as agrupacións destes que, aínda carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Neste último caso, os terreos cinexéticos deberán ser estremeiros e estaren situados nunha mesma provincia. Para cada tecor só será admisible unha única solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

lunes, 19 de diciembre de 2022

AXUSTE DAS ANUALIDADES DO PROGRAMA DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2022 pola que se axustan as anualidades da Resolución do 18 de febreiro de 2022, pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

AXUDAS PARA Á PROTECCIÓNS DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA ABANDONADOS EN GALICIA 2023 DESTINADAS ÁS ASOCIACIÓNS PARA A PROTECCIÓN E DEFENSA DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT811B).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados e/ou formen parte de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, á realización de campañas de concienciación para a tenza responsable e para a adopción de animais abandonados e a adquisición de material para a xestión e o manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023, destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (procedemento MT811B).

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía con anterioridade á data de publicación desta orde.
Para poder ser beneficiarias das axudas para os gastos subvencionables recollidos nas alíneas a) e c) do artigo 2.1, deberán ser titulares ou xestoras dun centro de recollida autorizado e inscrito no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de setembro de 2023.

Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que sexan efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023.

viernes, 16 de diciembre de 2022

INFORMACIÓN XUVENIL: SEMANA DO 10 AO 16 DE DECEMBRO

 








Premios na modalidade de videoxogos de Xuventude Crea 2022

 





Fernanda Rodríguez Miguélez premio de Arte Urbana en Xuventude Crea

 





 


Pipocas

 




Cal é a túa favorita?

 

Guía sobre a participación da mocidade na información xuvenil

 






Esenciais. Recursos educativos para alumnado e profesorado

 




A mocidade galega de 16 a 34 anos supera a media nacional no uso de internet

 




 





Correspondentes de ASCT do IES Rosalía de Castro de Santiago

 

Equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Campo de San Alberto

 

Video contra a violencia de xénero

 

 




 





Curso en Ourense de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Abordaxe

 

 








Curso en Santiago de monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Altair

 







Formación RPA para residentes en España

 

Formación en Programación Java para residentes en España

 



 





Axudas para alumnado de Bacharelato para estudos superiores

 








Bolsas da Fundación Biodiversidade  Para ciclos formativos e universidade

 

Becas Fundación SEPI - Programa de Iniciación na Empresa

 








Axudas do Programa Reina Letizia para a Inclusión

 







Axuda ao alugueiro de vivenda

 






Ames AudioVisual LAB

 


 







Búscanse poetas e persoas para recitar en Ponteareas

 







Charla Prevención de estafas telemáticas e identidade dixital na Casa da Mocidade de Barbadás

 






Hoxe día 16 de decembro Maxia e Ilusionismo en Cambre










VI Concurso “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil

 







I Certame de pintura “Otero Baena” para artistas noveis

 

 



Ofertas de emprego