miércoles, 7 de enero de 2026

AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PERSOAS FÍSICAS


Obxecto
Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia; concretamente, as relacionadas no ordinal segundo da resolución. Os gastos subvencionables son os indicados no seu ordinal cuarto.

Persoas beneficiarias
Poderán optar ao recoñecemento da axuda:
As persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións subvencionables.
A persoa solicitante deberá ser propietaria ou usufrutuaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa dispoñibilidade, como mínimo, durante o período en que se manteñan as obrigas que asume o beneficiario.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes e iniciarase en 7 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes poderanse presentar desde as 12.00 horas do día inicial do prazo. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día en que se inicie a presentación de solicitudes. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Outros datos
Sen prexuízo dos demais requisitos establecidos na resolución, só caberá presentar unha solicitude por persoa solicitante e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que irá acompañado dos documentos que se especifican no ordinal oitavo da resolución.

Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes, validamente presentadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento da convocatoria. Considérase data de presentación válida aquela en que o expediente sexa presentado completo e conste neste a solicitude, correctamente cuberta, e toda a documentación complementaria exixida na resolución de convocatoria. Así mesmo, considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria. Nese caso, e sempre antes da data máxima sinalada neste punto, poderán seguirse rexistrando solicitudes en lista de reserva provisional, as cales serán atendidas por rigorosa orde de entrada, supeditadas a que se produzan desestimacións ou revogacións das solicitudes de axuda previas. O esgotamento do crédito comportará a inadmisión de todas aquelas solicitudes que se instrúan con posterioridade, do mesmo xeito que se inadmitirán todos aqueles expedientes que non teñan entrada na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento MT402A.

Non serán admitidas a trámite, en ningún caso, as solicitudes presentadas fóra do prazo e de forma distinta á que se establece na resolución de convocatoria.

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos sinalada no ordinal vixésimo da resolución será o 30 de setembro de 2026.

Una vez recibida a documentación xustificativa, os órganos competentes do Instituto de Estudos do Territorio, antes do seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.