miércoles, 9 de agosto de 2023

PRAZAS NA RESIDENCIA DE CREACIÓN LITERARIA ILLA DE SAN SIMÓN 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria de prazas na Residencia de creación literaria Illa de San Simón 2023 (código de procedemento CT221F).

Obxecto
1. Este programa ten como obxecto a concesión dun máximo de 12 prazas para a realización de residencias creativas de carácter literario para desenvolver na Residencia de creación literaria Illa de San Simón, así como fornecer unhas condicións favorables para o proceso de creación nun contexto de traballo de características adecuadas.
2. Esta iniciativa pretende o apoio á creación literaria de persoas que desenvolvan residencias de traballo cunha duración de entre unha quincena e un mes como máximo, nos espazos dispoñibles para este obxectivo na Illa de San Simón.

Persoas beneficiarias
1. Terán a condición de beneficiarias deste programa aquelas persoas físicas individuais que interveñan no proceso de creación do libro, nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración, segundo establece o artigo 5.1 da Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.
2. O programa da Residencia de creación literaria Illa de San Simón está dirixido a persoas maiores de 18 anos que desenvolvan un proxecto creativo en lingua galega, en calquera xénero: narrativa, ensaio, poesía, teatro, banda deseñada...
3. As persoas solicitantes deben estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
2. Non serán admitidas en ningún caso solicitudes presentadas fóra do prazo e da forma establecida nesta convocatoria.