miércoles, 9 de agosto de 2023

AXUDAS PARA OS GASTOS NOTARIAIS E DE INMATRICULACIÓN REXISTRAL DE PREDIOS AGROFORESTAIS OBXECTO DE PERMUTAS DE ESPECIAL INTERESE AGRARIO 2023

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, en réxime de concorrencia non competitiva, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR709B).

Obxecto
O obxecto é regular o procedemento para a concesión das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, en réxime de concorrencia non competitiva, así como convocar as axudas para o ano 2023.

Persoas beneficiarias
Poden ser persoas beneficiarias as que acrediten, mediante resolución da persoa titular da dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o especial interese agrario da permuta.
Ademais, deben estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT, nos pagamentos coa Seguridade Social e no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Non poderán acceder a estas axudas as persoas que se atopen afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes para a convocatoria de 2023 iniciarase o día seguinte ao da publicación no DOG da Resolución do 18 de xullo de 2023 e rematará o 16 de outubro de 2023. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Outros datos
A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
A axuda cubrirá os gastos notariais de outorgamento da escritura de permuta e mais os gastos rexistrais de inscrición da permuta, así como, de ser o caso, de inmatriculación dos predios permutados.