viernes, 4 de enero de 2019

MODIFICACIÓN.- PRESTAMOS PEMES DE GALICIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Primeiro. Redistribución do crédito orzamentario
Modifícase a distribución plurianual dos créditos dispoñibles prevista no punto terceiro do resolvo da Resolución do 16 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, quedando os créditos establecidos para cada liña de préstamo do seguinte xeito:

– Préstamos IFI Emprende: 3.000.000 €.
Con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 300.000 € con cargo ao exercicio 2018, 1.000.000 € con cargo ao exercicio 2019 e 1.700.000 € con cargo ao exercicio 2020.

– Préstamos IFI Industria 4.0: 25.000.000 €.
Con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 5.479.412 € con cargo ao exercicio 2018, 10.520.000 € con cargo ao exercicio 2019 e 9.000.588 € con cargo ao exercicio 2020.

– Préstamos IFI Relanzamento: 2.000.000 €.
Con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 1.000.000 € con cargo ao exercicio 2019 e 1.000.000 € con cargo ao exercicio 2020.

– Préstamos IFI Innova: 3.000.000 €.
Con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 2.000.000 € con cargo ao exercicio 2018, 500.000 € con cargo ao exercicio 2019 e 500.000 € con cargo ao exercicio 2020.

Segundo. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes
Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de decembro de 2019.