lunes, 6 de febrero de 2023

SUBVENCIÓNS ÁS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 30 de decembro de 2022 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, tramitada por anticipado de gasto (códigos de procedemento TR807A e TR807B).

Obxecto
A convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2023, para o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, co fin último da mellora das condicións de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias
Organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.