miércoles, 8 de febrero de 2023

2 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA NA ÁREA DE ESTUDOS E INVESTIGACIÓN DA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA 2023-2025

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 a 2025 por anticipado de gasto (código de procedemento TU981C).

Obxecto e réxime
1. Dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística, coa seguinte distribución:
a) Unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos.
b) Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.
O obxectivo das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional da persoa bolseira mediante a realización de prácticas formativas relacionadas co tratamento e análise de datos en materia turística con suxeición ás indicacións do/a titor/a que lle será asignado/a.
2. As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas que reúnan os requisitos previstos no artigo 4 das bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.