lunes, 6 de febrero de 2023

PREMIOS Á COOPERACIÓN 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR802Q).

Obxecto e finalidade
Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.
Outorgaranse premios nas seguintes categorías:
– Premio aos valores cooperativos, á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos.
– Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor de corenta e dous meses e que destacase nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
– Premio á traxectoria cooperativa, á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses e que destacase pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

Entidades beneficiarias
Poden participar nos premios á cooperación as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes remata o 28 de abril de 2023. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderanse presentar no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.