lunes, 6 de febrero de 2023

AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN (EI) E ÁS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social (código de procedemento TR356A).

Obxecto
Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias
As empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2023. Cada entidade só poderá presentar unha única solicitude.

Procedemento de concesión, período subvencionable e xustificación das axudas
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva.
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023.
A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 8 de novembro de 2023.

Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (código de procedemento TR356C).

Obxecto
Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
A través deste programa establécense os seguintes tipos de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social:
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.

Entidades beneficiarias
As entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2023.