jueves, 2 de febrero de 2023

AXUDAS PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN REALIZADAS POR GRUPOS DE PRODUTORES NO MERCADO INTERIOR 2023

 AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2023 das axudas que, en réxime de concorrencia competitiva, vai conceder a Axencia Galega da Calidade Alimentaria para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións que, baixo calquera fórmula xurídica, reúnan produtores (entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación) que participen nun réxime de calidade susceptible de apoio pola submedida 3.10, para accións de promoción no mercado interior relacionadas con produtos cubertos por algún deses réximes.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.