martes, 7 de febrero de 2023

CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR802O).

Obxecto e finalidade
O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Pódense presentar traballos nas seguintes modalidades:
a) Actividades artísticas, tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías, vídeos ou calquera tipo de creación dixital, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.
b) Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
c) Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

Participantes
Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 28 de abril de 2023. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes e os traballos poderanse presentar no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Os importes dos premios correspondentes ás modalidades de actividades artísticas e de actividades cooperativizadas serán aboados aos centros de ensino, que os deberán destinar á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, ou á realización dunha actividade formativa, deportiva ou cultural dirixida ao alumnado do centro. Na modalidade de actividades cooperativizadas o centro poderá optar por destinar a totalidade ou parte do premio acadado á posta en marcha de proxectos emprendedores cooperativos no propio centro educativo co obxecto de que poidan entrar a formar parte dos programas de emprendemento na economía social e mentorización que desenvolve a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Os importes dos premios correspondentes á modalidade de proxectos empresariais cooperativos serán aboados ás persoas autoras do proxecto.