viernes, 27 de agosto de 2021

PROGRAMA SINERXIA DA INTERNACIONALIZACIÓN

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2021 pola que se lle dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Programa sinerxía da internacionalización e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG423A).


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto favorecer o incremento da internacionalización das empresas galegas non pemes, coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización.
As actuacións que engloban están dirixidas:
a) A aumentar a base de empresas exportadoras.
b) A fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) A conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) A difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

Beneficiarios
As empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que superen os límites establecidos para definición de peme segundo o anexo I do Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.6.2014, L 187).
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, que non sexan consideradas empresas en crise en 31 de decembro de 2019 (para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que aparece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento 651/2014 da Comisión) e que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda e as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
e) Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28.6.2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013) e o Regulamento (UE) 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 que o modifica (DOUE L 51 do 22 de febreiro de 2019).
f) Que estean ao día nos pagamentos ás cámaras de Comercio, Industria e Navegación de que formen parte.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.