miércoles, 18 de agosto de 2021

PROGRAMA DE APOIO Á RECUPERACIÓN DE NEGOCIOS EN CRISE OU SEN REMUDA XERACIONAL MEDIANTE FÓRMULAS DE ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE


Obxecto e finalidade
Apoiar a recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional, mediante fórmulas de economía social, destinadas a remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o gromo de Covid-19 e a impulsar a actividade económica.

Entidades beneficiarias
As sociedades laborais e cooperativas, previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, de economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen a desenvolver unha actividade económica ou persoas autónomas preexistentes, a través dun proceso de transformación encadrable nalgún dos procesos que se detallan no artigo 6 da orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2021, salvo que se produza o suposto de esgotamento do crédito orzamentario.