martes, 17 de agosto de 2021

AXUDAS DO PROGRAMA MOVES III

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

Finalidade
A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente as anualidades 2021-2023 para a concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) (código de procedemento IN421R-presentación de solicitudes), así como o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN421Q-adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión).
2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Programa de Incentivos 1. Adquisición de vehículos eléctricos «enchufables» e de pila de combustible (en diante, Adquisición de vehículos eléctricos).
Programa de incentivos 2. Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

Beneficiarios
1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia (para o Programa de incentivos 2 considerase que se cumpre este requisito se a actuación subvencionada se desenvolve no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia). En concreto, os seguintes:
1º. As persoas físicas que desenvolvan actividades económicas, polas que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
2º. As persoas físicas maiores de idade, a excepción dos casos de discapacidade, que poderán ser menores de idade, con residencia fiscal en España e non incluídas no anterior punto.
3º. As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que deberán cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e en particular, co establecido no seu artigo 11.3.
4º. As persoas xurídicas, validamente constituídas en España no momento de presentar a solicitude, e outras entidades, con ou sen personalidade xurídica, cuxo número de identificación fiscal (NIF) comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W. Tamén serán elixibles as entidades de conservación de polígonos ou sociedades agrarias de transformación cuxo NIF comece por V.
5º. As entidades locais, conforme o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o sector público institucional de calquera administración públicas que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, sempre que non exerzan actividades económicas polas que ofrezan bens e servizos no mercado en cuxo caso se considerarán incluídas no anterior ordinal 4º.

Prazo de presentación de solicitudes de adhesión –IN421Q– e de solicitudes de axuda –IN421R–
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia do programa MOVES III en Galicia, o cal sucederá, segundo o recollido no artigo 4 do Real decreto 266/2021, o 31 de decembro de 2023.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 9.00 horas do día 13 de setembro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023

Prazos de execución e xustificación das actuacións
O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 12 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.
Este prazo poderase ampliar de conformidade ao previsto no artigo 70 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.