martes, 31 de agosto de 2021

BOLSAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE PARTICIPA EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAÍSES EXTRACOMUNITARIOS NO CURSO 2021/22

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 13 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED441B).

Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva 164 bolsas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Orzamento e contía das bolsas
O importe global previsto na orde é de 278.800 €.
Cada bolsa terá unha dotación máxima de 1.700 €.