miércoles, 18 de enero de 2023

BOLSAS DE FORMACIÓN NO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO PARA 2023

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se convocan as bolsas de formación deste instituto para o ano 2023 (código de procedemento VI440D).

Obxecto e réxime de concesión das axudas
1. Mediante a presente resolución convócanse dez bolsas de formación coa finalidade de que as persoas con titulacións universitarias e de grao relacionados cos ámbitos de actuación deste organismo poidan complementar os seus coñecementos teóricos cunha formación práctica (código de procedemento VI440D).
2. As prazas que se convocan son as seguintes:
– Cinco bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.
– Unha bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.
– Unha bolsa para persoas con grao en Enxeñaría con máster en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos ou máster en enxeñaría industrial.
– Dúas bolsas para persoas con grao en Dereito.
– Unha bolsa para persoas con grao en Economía.
3. As bolsas de formación levaranse a cabo en xornada de mañá, de luns a venres, nas dependencias do IGVS, coa seguinte distribución territorial:
– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS da Coruña.
– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS de Lugo.
– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS de Ourense.
– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS de Pontevedra.
– As demais bolsas levaranse a cabo nos servizos centrais do IGVS, en Santiago de Compostela.
4. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia competitiva, de acordo co artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas que no momento de presentar a súa solicitude reúnan os seguintes requisitos:
– Ter rematado o grao exixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.
– Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.
– Non ter sido con anterioridade beneficiario/a doutra bolsa de formación do IGVS.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.
– Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Plazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.