viernes, 13 de enero de 2023

AXUDAS TEMPORAIS EXCEPCIONAIS ÁS PERSOAS PRODUTORAS DE CARNE PARA COMPENSAR AS DIFICULTADES ECONÓMICAS DERIVADAS DA INVASIÓN RUSA DE UCRAÍNA PARA 2023

 FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, mediante a tramitación anticipada de gasto, das axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína ao abeiro do artigo 39 quater do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR244A).

Obxecto e finalidade
O obxecto desta resolución é aprobar as bases polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína ao abeiro do o artigo 39 quater do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
A finalidade destas axudas é apoiar, de forma temporal e excepcional para aliviar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína, as explotacións produtoras de vacún de carne, de ovellas, de cabras, de aves ou de coellos consonte o artigo 39 quater do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Persoas destinatarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras de vacún de carne, de ovellas, de cabras que cumpran os seguintes requisitos:
a) Sexan titulares, na data de presentación da solicitude única correspondente ao ano 2022, de explotacións rexistradas e que consten en alta no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) co tipo de explotación «Produción e reprodución» ou tipo «Pasto». No primeiro caso, a nivel subexplotación deberán estar clasificadas como explotacións de bovino, ovino ou cabrún cunha clasificación zootécnica de «reprodución para produción de carne» ou «reprodución para produción mixta» ou explotacións de bovino cunha clasificación de «cebo ou cebadeiro».
b) No caso de ser produtores/as de ovino e cabrún: non conten con declaracións de entregas ou de vendas directas rexistradas no Sistema Unificado de Información Láctea (INFOLAC) durante o ano 2021 para a especie obxecto de axuda.
c) Fosen beneficiarios/as no ano 2021, e conten con animais determinados para percibila, dalgunha axuda asociada das previstas na sección 2ª, nas liñas c) e d) do punto 3 do artigo 63 da sección 3ª e nas seccións 5ª, 6ª, 8ª e 9ª, todas elas do capítulo II do título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
d) No caso de produtores/as de ovino e cabrún, contasen en 2021 cun número de femias elixibles igual ou superior a 30 ovellas e 10 cabras.
e) No caso de produtores/as dedicados/as ao engorde de tenreiros, tivesen en 2021 un número de animais elixibles igual ou superior a 3 tenreiros segundo o previsto nas seccións 3ª e 8ª do capítulo II do título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
f) Percibisen, en relación coa solicitude única de axudas da PAC do ano 2021, o pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima ou o ambiente conforme o capítulo II do título III do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro. Para o caso de potenciais persoas beneficiarias desta axuda que, presentando solicitude única en 2021 non puidesen optar ao pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima ou o ambiente por non ser titulares de dereitos de pagamento básico, entenderase que cumpren con esta condición se foron beneficiarios/as dalgunha axuda suxeita a condicionalidade e non fosen penalizados por incumprimentos desta en relación cos pagamentos correspondentes á campaña 2021.
g) En caso de non cumprir o previsto no punto anterior, deberán percibir, en relación coa solicitude única de axudas da PAC do ano 2021 ou a unha solicitude de pagamento dun programa de desenvolvemento rural presentada durante 2021, algunha das axudas previstas nos programas de desenvolvemento rural da comunidade autónoma de Galicia no marco das letras a) e d) do artigo 17 (Investimentos en activos físicos das explotacións agrarias para a mellora do rendemento global e a sustentabilidade e investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais), e dos artigos 28, 29, 30 e 31 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello.
h) En caso de non cumprir o previsto nos dous puntos anteriores, deberán estar a realizar na súa explotación algunha actividade relacionada con polo menos un dos seguintes obxectivos: economía circular, xestión de nutrientes, uso eficiente dos recursos, ou produción respectuosa co ambiente e o clima.
i) Nos casos de cambios de titularidade da explotación gandeira, que tivesen lugar antes do final do período de modificación da solicitude única de 2022, consideraranse como animais subvencionables os animais determinados en 2021 do anterior titular.
j) No caso de mozos/as gandeiros/as, e de gandeiros/as que comecen a súa actividade, segundo a definición do punto 9 do artigo 58 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sendo a solicitude única de 2022 aquela en que se solicita por primeira vez algunha das axudas asociadas á gandaría, as explotacións con dereito a cobramento serán:
– As explotacións que cumpran os requisitos para os efectos da axuda asociada ás explotacións que manteñen vacas nutrices presentes na explotación en data do 30 de abril de 2022.
– As explotacións recollidas na última declaración censual dispoñible en data do 30 de abril de 2022 no ovino e cabrún.
– As explotacións que cumpran os requisitos para percibir a axuda asociada aos tenreiros cebados noutra explotación conforme o previsto na sección 3ª do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sacrificados ou exportados antes do 30 de abril de 2022.
2. As persoas produtoras, no caso da axuda dirixida ao sector avícola de carne, deben cumprir os seguintes requisitos:
a) Sexan titulares, en data do 1 de xaneiro de 2022, dunha explotación gandeira rexistrada e de alta no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) co tipo de explotación «Produción e reprodución» clasificada como «produción de carne» cun número de prazas superior a 250.
b) Que a dita explotación albergue pitos de aptitude cárnica e que esta realizase a declaración censual obrigatoria no ano 2022 conforme o previsto no Real decreto 637/2021, do 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas.
c) Realicen na súa explotación algunha actividade relacionada con polo menos un dos seguintes obxectivos: economía circular, xestión de nutrientes, uso eficiente dos recursos, ou produción respectuosa co ambiente e o clima.
3. As persoas produtoras, no caso da axuda dirixida ao sector cunícola de carne, deben cumprir os seguintes requisitos:
a) Sexan titulares, con data do 1 de xaneiro de 2022, dunha explotación gandeira rexistrada e de alta no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) co tipo de explotación «Produción e reprodución» clasificada como «produción de cazapos para carne» cun número de prazas igual ou superior a 50 reprodutoras.
b) Que na devandita explotación se alberguen coellos e que esta realizase a declaración censual obrigatoria no ano 2022 conforme o previsto no Real decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas.
c) Realicen na súa explotación algunha actividade relacionada con polo menos un dos seguintes obxectivos: economía circular, xestión de nutrientes, uso eficiente dos recursos, ou produción respectuosa co ambiente e o clima.

Límites máximos e mínimos para recibir axudas
A contía unitaria da axuda para as persoas produtoras de carne de vacún, carne de ovino e carne cabrún, determínase en función do tamaño da explotación utilizando para determinar cada unha destas categorías o número de animais desta.
Os límites subvencionables por persoa beneficiaria son:
a) Explotacións de carne de vacún: ata 8.790,00 €.
b) Cebadeiros de vacún: ata 5.000,00 €.
c) Explotacións de ovino ou cabrún: ata 2.090,00 €.
d) Explotacións de aves: ata 4.900,00 €.
e) Explotacións de coellos: ata 5.100,00 €.

Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes
De acordo cos artigos 7, 8 e 9 do anexo I da resolución.