jueves, 6 de febrero de 2020

SUBVENCIÓNS DOS PROGRAMAS DE FOMENTO DO PARQUE DE VIVENDA EN ALUGAMENTO E DE FOMENTO DE VIVENDAS PARA PERSOAS MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (código de procedemento VI432C).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2020, con carácter plurianual, as subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento previstas no capítulo V do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en adiante, Plan 2018-2021), que se tramitará co código de procedemento VI432C.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) As administracións públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito público e privado, así como as empresas públicas, privadas, público - privadas e sociedades mercantís participadas maioritariamente polas administracións públicas, en cuxo obxecto social figure a promoción de vivendas.
b) As fundacións, as empresas de economía social e as súas asociacións, as cooperativas de autoconstrución, as organizacións non gobernamentais e as asociacións declaradas de utilidade pública e aquelas ás que se refire a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
c) As persoas físicas maiores de idade que posúan a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, que teñan a residencia legal en España.
2. As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
b) Non estar incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou que se lles teña revogado ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dalgunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda por incumprimento ou causa imputable a aquelas.
c) No suposto de fundacións de interese galego, para ter a condición de beneficiaria será requisito necesario que teña presentadas as contas ao protectorado do exercicio inmediatamente anterior ao da correspondente convocatoria, segundo o establecido no artigo 38.3º da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
d) No suposto de concellos de Galicia, para ter a condición de beneficiario será requisito necesario que o concello teña presentadas no Consello de Contas as contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao da correspondente convocatoria, conforme ao artigo 208 e seguintes do Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (código de procedemento VI432D).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2020, con carácter plurianual, as subvencións do Programa para o fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade previstas no capítulo X do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan 2018-2021, que se tramitará co código de procedemento VI432D.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) As administracións públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito público e privado, así como as empresas públicas, privadas, público – privadas e sociedades mercantís participadas maioritariamente polas administracións públicas, en cuxo obxecto social figure a promoción de vivendas.