martes, 11 de febrero de 2020

AXUDAS AOS PLANS DE REESTRUTURACION E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Regular as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e realizar a súa convocatoria para 2020, en réxime de concorrencia competitiva.
2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.

Persoas beneficiarias
1. As persoas viticultoras cuxas viñas se destinen a producir uva para vinificación e, así mesmo, as futuras persoas viticultoras que sexan titulares dunha resolución de arrinca, autorización de replantación, dereito de replantación ou autorización por conversión de dereitos inscritos ao seu nome no Rexistro Vitícola.
2. Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.