miércoles, 21 de junio de 2023

SUBVENCIÓNS PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).

Obxecto
O obxecto é establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na empresa 2023). O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
Os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Contar cun mínimo de 10 e un máximo de 25 persoas mozas participantes.
b) O período de realización de estadías formativas nas entidades ou empresas será de 3 meses consecutivos.
O período de realización das estadías formativas nas empresas ou entidades públicas ou privadas deberá finalizar, como data límite, o 31 de outubro de 2023.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde:
a) As entidades privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego, e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
b) Os concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como as entidades resultantes da fusión de concellos a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituíren mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as subvencións que regula esta orde, de conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Outros datos
Poderase solicitar un anticipo de ata o 80 % do importe concedido.
A concesión da subvención tramítase en réxime de concorrencia competitiva e efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.
Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de método de custos simplificados conforme o disposto no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 1304/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, «as normas xerais aplicables ás opcións de custos simplificados a título do FSE establécense nos artigos 7, 68 e 68 bis do Regulamento (UE) nº 1303/2013». En concreto, con base no artigo 67.5.d) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, establécese un financiamento a tipo fixo, en función dos custos directos de persoal subvencionables máis o 40 % destes custos directos de persoal para outros custos directos e indirectos vinculados á actividade subvencionada.
En todo caso, o importe máximo da axuda que se concederá a cada entidade beneficiaria establécese en 120.000 €.
Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos programas.
O período de subvencionabilidade dos ditos gastos será desde o día seguinte ao da publicación das bases reguladoras ata o 20 novembro de 2023.