lunes, 26 de junio de 2023

SUBVENCIÓNS PARA MICROPROXECTOS DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO NO EXTERIOR 2023

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 14 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR804B).

Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior (procedemento PR804B).
Para os efectos da presente convocatoria, enténdese por microproxectos aquelas intervencións puntuais, de limitada intensidade, de duración non superior aos 12 meses que teñan por obxecto fortalecer e/ou complementar outras actuacións levadas a cabo por axentes de cooperación no mesmo territorio.

Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións deberán estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, na sección A: organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, e na sección D: outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.