martes, 29 de mayo de 2018

PROGRAMA INICIATIVA XOVE

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
O establecemento das bases reguladoras da concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia que se desenvolven durante o ano 2018 e nas cales os mozos e mozas participen activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por eles mesmos.

Beneficiarios
a) Grupos informais de entre 5 e 8 mozos e mozas, debidamente identificados, con idade comprendida entre os 18 e 30 anos e empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade, inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Outros datos
O período subvencionable abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2018.
Coa presentación da solicitude achegarase o proxecto de iniciativas xuvenís seguindo o modelo publicado na convocatoria.
Todas as entidades e grupos aos cales se lles conceda a axuda e o soliciten recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida.
A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima de 50 puntos na avaliación dos proxectos e a concesión efectuarase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.