lunes, 7 de mayo de 2018

AXUDAS PARA ACTUACIÓNS Á PROTECCIÓN DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA ABANDONADOS EN GALICIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO


Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á convocatoria para o ano 2018.
Beneficiarias
Poderanse acoller a estas axudas as corporacións locais que teñan a competencia da recollida e tenza dos animais de compañía abandonados no ámbito territorial correspondente.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de setembro de 2018.
Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no seu artigo 2 que sexan efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto de 2018.