miércoles, 30 de mayo de 2018

AXUDAS Á ETAPA DE FORMACIÓN POSDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO S.U.G.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto

O apoio á etapa posdoutoral mediante dúas modalidades:

– Modalidade A: axudas para a ampliación da especialización no estranxeiro do persoal investigador doutor e a súa reincorporación na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante un contrato de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia. As solicitudes presentadas por unha universidade do SUG que propoñan persoas candidatas de nacionalidade española que presenten un plan de estadías de dous anos en EUA optarán a contar co apoio da Comisión Fulbright e ter a condición de bolseiras Fulbright.

– Modalidade B: axudas para posibilitar a continuación da súa formación e establecer unha traxectoria investigadora propia, para as persoas que obtiveron unha praza nunha universidade do SUG na convocatoria de 2014 do Programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan I2C, que permaneceron nel ata o 28 de abril de 2018 e que obtiveron unha avaliación positiva, e para as persoas investigadoras da convocatoria de 2013 que, por circunstancias especiais, tivesen concedido o aprazamento da avaliación e que obteñan unha avaliación positiva, mediante un contrato de dous anos de duración nunha universidade do SUG.

 Beneficiarios

As universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.

Poderán acceder a estas axudas os organismos e entidades sinalados no parágrafo anterior que presenten como candidatas persoas co grao de doutor que cumpran, na data de peche da convocatoria, as condicións que se indican para cada tipo de axuda nos anexos I e II, segundo a modalidade a que opten.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.