martes, 29 de mayo de 2018

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar, na Comunidade Autónoma de Galicia, os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (procedemento ED311D) correspondentes ao curso 2017/18. Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida ao alumnado que destacase polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.

Persoas beneficiarias
Alumnado que cursase durante o ano académico 2017/18 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Importe
Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 15.000 €. Cada premio estará dotado con 750 €.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.