viernes, 12 de agosto de 2016

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E DO PROGRAMA DE SUBV. ÁS UNIDADES DE APOIO Á ACTIVIDADE PROFESIONAL DOS SERVIZOS DE AXUSTE PERSOAL SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


 Obxecto
Promover a integración das persoas con discapacidade, a través do Programa de integración laboral das persoas con discapacidade, nos centros especiais de emprego de Galicia (capítulo II da orde).
Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos para cada tipo de axuda.
Tipos de axudas
a) Para proxectos de creación e ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego:
– Axudas para asistencia técnica.
– Subvención financeira.
– Subvención en función do investimento en activo fixo.
b) Para proxectos de mantemento de centros especiais de emprego:
– Subvención para a adaptación de postos de traballo.
– Axudas para asistencia técnica.
Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2016.
2. As solicitudes de subvención para a adaptación de postos de traballo e de asistencia técnica presentaranse con anterioridade á realización da adaptación ou á súa realización. Non obstante, as solicitudes polas adaptacións de postos de traballo e polas asistencias técnicas realizadas entre o 1 de outubro de 2015 e a data de publicación desta orde poderán presentarse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Obxecto
Promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción, mediante o seu emprego nos centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, a través Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego (capítulo III da orde).
Entidades beneficiarias
1. Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos para cada tipo de axuda.
Tipos de axudas
– Subvención dos custos salariais e da Seguridade Social dos profesionais das unidades de apoio á actividade profesional (capítulo III da orde).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.