lunes, 22 de agosto de 2016

AXUDAS DESTINADAS A PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADADA POR PROCEDEMENTOS DE REGULACIÓN DE EMPREGO DE SUSPENSIÓN DE CONTRATOS DE TRABALLO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas traballadoras que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que estean ou estivesen afectadas por un procedemento de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior durante o período subvencionable que se estableza na convocatoria. Considerarase que a persoa traballadora está afectada cando teña ou tivese o seu contrato suspendido no período subvencionable, establecido na respectiva convocatoria, en polo menos unha xornada laboral completa.
b) Que o procedemento de regulación de emprego afecte, dentro do período subvencionable, algún centro de traballo da empresa situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a causa de forza maior derive de acontecementos catastróficos, imprevisibles ou que sendo previstos fosen inevitables, como terremotos, maremotos, incendios, inundacións, pragas, explosións, tormentas de vento e mar, sempre que supoñan a destrución total ou parcial das instalacións do centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia, e impida a continuidade total ou parcial da actividade empresarial.
d) Que a causa de forza maior fose constatada por resolución da autoridade laboral competente.
e) Que os seus ingresos brutos mensuais, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, non superen os 2.000 euros ou a cantidade proporcional nos supostos de persoas traballadoras vinculadas á empresa por contrato de traballo a tempo parcial.
2. Non poderán ser beneficiarias as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, do 1 de novembro ao 30 de novembro de 2016 (ambos inclusive).