martes, 2 de agosto de 2016

CONVOCATORIA PRAZAS PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS PARA AS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DA CONSELLERIA DE POLÍTICA SOCIAL

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
O obxecto é convocar en réxime de concorrencia competitiva esta oferta de prazas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2016/17 e establecer as bases para a súa concesión.
O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:
Cidade          Residencia                                              Prazas
Lugo          Centro Residencial Xuvenil LUG     4 home/muller
Ourense     Florentino L. Cuevillas                     5 home/muller
Vigo           Altamar                                            6 home/muller

Persoas beneficiarias
 Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
2. Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 en 31 de decembro do ano en curso.
3. Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior que admitan, polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
4. Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
5. Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
6. Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do Iprem do ano en curso.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.