lunes, 8 de agosto de 2016

BOLSAS PARA ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA.

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
Establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2016/17.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2016/17.
Importe
1. As modalidades de bolsa, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.
2. Segundo a contía, as bolsas distribúense da seguinte forma:
Bolsas tipo I - cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II - cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.
3. Conforme os requisitos académicos e económicos, de ser o caso, as bolsas divídense en dous grupos:
A. Bolsas de matrícula.
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de certificado de Elaboración e Xestión en Cociña.
B. Bolsas de excelencia.
Dúas bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.