lunes, 8 de agosto de 2016

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHICULOS TAXI ADAPTADOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi).
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016.
3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran no exercicio 2016 ata a data establecida nesta orde para xustificar a axuda.
4. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de Mobilidade.
Para que xeren dereito á axuda, as autorizacións deberán axustarse ás seguintes regras:
a) As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) As ditas autorizacións deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das que sexa titular o solicitante.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado desde o día seguinte ao de publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 14 de outubro de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento previo de crédito.