miércoles, 13 de octubre de 2021

SUBVENCIÓNS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS PARA A ADQUISICIÓN E MANTEMENTO DOS BENS INFORMÁTICOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 30 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición e mantemento dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321B).

Obxecto

A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a actualización informática das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:

1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002, segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.

2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade 811, Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca, de acordo co Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.