lunes, 4 de octubre de 2021

CONSTITUCION LISTAXE DE EMPREGO ARQUITECTO NA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO

 ANUNCIO  DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DE DATA 24.09.2021 NA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA CONSTITUIR UNHA LISTAXE DE EMPREGO DE ARQUITECTO/A PARA PRESTAR SERVIZOS DE CARÁCTER TEMPORAL NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada en data 24 de setembro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

“Vistos os criterios polos que se rexe a incorporación de persoal para prestar servizos temporais na Deputación Provincial de Lugo, regulados polas resolucións da presidencia das seguintes datas: 29.09.2009 (BOP núm. 231, do 08.10.2009); 16.12.2011 (BOP núm. 294, do 26.12.2011) e 14.02.2019 (BOP núm. 039, do 15.02.2019).

Constatando que a entidade ten necesidade de constituír unha listaxe de emprego temporal de Arquitecto/a para poder atender ás necesidades dos servizos e xestionar axilmente a incorporación de efectivos deste tipo funcional, cando sexa precisa e estea xustificada a súa incorporación conforme ás esixencias da normativa vixente, en particular ás referidas no artigo 19.4 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, proponse á Xunta de Goberno para que, segundo as facultades que lle confire artigo 59.5 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo de data 30 de xuño de 2020 (publicado do BOP núm. 202, do 03.09.2020), ACORDE:

1º Aprobar a convocatoria do procedemento selectivo para a constitución dunha listaxe de emprego temporal de Arquitecto/a, Grupo A- Subgrupo A1, para xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal e poder efectuar nomeamentos ou contratacións de persoal temporal polas causas reguladas no art. 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público ou, no seu caso, polo artigo 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba a texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. 

2º Que a presente convocatoria se rexa polas bases xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo (Cota Xeral ou cota de discapacitados), aprobadas na Xunta de Goberno de 13 de marzo de 2020 (BOP núm. 079, do 6.04.2020), corrección de erros aprobado na Xunta de Goberno de 10 de xullo de 2020 (BOP núm. 161, do 15.07.2020).

3º Aprobar as bases específicas que complementan as bases xerais que rexen a elaboración de listaxes para prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo de Arquitecto/a, Grupo A- Subgrupo A1.

4º Convocar publicamente a quen, cumprindo os requisitos enumerados na base xeral 4 e na base específica 4, desexe participar no correspondente procedemento selectivo.

5º Ordenar a publicación da presente convocatoria e bases específicas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e nos lugares determinados na base xeral 3.

6º Realizar cantos trámites sexan necesarios para levar a cabo o correspondente procedemento selectivo.

A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes acorda prestar aprobación a proposta presentada e

anteriormente transcrita."

Contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante da Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do dia seguinte o da publicación deste acordo no BOP ou ben recurso contencioso administrativo diante do Xulgado Contencioso - Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados dende o dia seguinte o da citada publicación, sen prexuízo de que se interpoña calquera outro que se estime oportuno.

BASES ESPECÍFICAS PARA CONSTITUIR UNHA LISTAXE DE EMPREGO PARA PRESTAR SERVIZOS TEMPORAIS NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS DE ARQUITECTO/A.

1. OBXECTO DAS BASES ESPECÍFICAS

O obxecto das presentes bases específicas é complementar as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados)aprobadas na Xunta de Goberno de 13.03.2020 (BOP núm. 079, do 6.04.2020), corrección de erros aprobados na Xunta de Goberno de 10.07.2020 ( BOP núm. 161, do 15.07. 2020).

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO DA LISTAXE QUE SE CONVOCA

DENOMINACIÓN GRUPO SUBGRUPO ADSCRICIÓN RETRIBUCIÓNS ARQUITECTO/A A A1

Ás distintas Unidades Administrativas que requiran das ditas funcións especializadas, unha vez

motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación.

As correspondentes á praza e ao posto de nivel de entrada.

3. COMETIDO FUNCIONAL

En canto ao contido funcional da praza/posto/emprego que se convoca será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, se é o caso, na disposición que a substitúa.

En ausencia dos anteriores instrumentos, as persoas ocupantes realizarán as funcións que lles sexan atribuídas por calquera outra norma ou pola persoas que exerza a superioridade xerárquica.

4. REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR AS PERSOAS ASPIRANTES PARA SER ADMITIDAS AO PROCESO SELECTIVO

Ademais do sinalado na base xeral 4, as persoas aspirantes deberán estar en posesión da seguinte titulación académica, de acordo co artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público: Grao en Arquitectura ou equivalente.

5. NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4

6. PROGRAMA

A) MATERIAS COMÚNS:

1. A Constitución Española de 1978, principios xerais. Os dereitos e deberes fundamentais. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno e a Administración Pública. O Poder Xudicial.

2. A organización Territorial do Estado. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as

Comunidades Autónomas. O Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. As competencias da

comunidade autónoma de Galicia.

3. O Réxime Local Español. Principios constitucionais. Regulación xurídica. O Municipio. A organización municipal. Competencias municipais. A Provincia. Organización Provincial. Competencias provinciais.

4. O Dereito Administrativo. As fontes de dereito administrativo. A potestade regulamentaria na esfera local: ordenanzas, regulamentos e bandos.

5. O procedemento administrativo común. Fases do procedemento administrativo común: Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución. Recursos contra os actos administrativos.

6. Os interesados. Dereitos dos cidadáns nas súas relación coas administración públicas. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Rexistros, comunicación e notificacións. A xestión electrónica dos procedementos. A protección de datos de carácter persoal. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos.

7. Os contratos do sector público. Clases. Preparación, adxudicación e formalización. Execución e modificación.Extinción.

8. As Facendas Locais. Os tributos locais. As Ordenanzas Fiscais: procedemento de elaboración e aprobación.

9. O persoal ao servizo da administración local. Clases. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario.

B) MATERIAS ESPECÍFICAS:

1. Lexislación de ordenación da edificación. Esixencias Técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías.

2. Disposicións sobre redacción de proxectos e dirección de obras. O libro de ordes e visitas. O certificado final das obras.

3. O Código Técnico da Edificación. Obxecto, ámbito e xeneralidades. Esixencias básicas. Condicións do proxecto. Contido do proxecto.

4. Protección fronte ao ruído. Obxecto, ámbito de aplicación e competencias do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia. Ordenanzas Locais. Illamento acústico de edificacións e desenvolvemento de actividades en edificacións.

5. Normativa sobre condicións de habitabilidade das vivendas. Normativa galega de habitabilidade.

6. Lexislación reguladora de condicións de accesibilidade e supresión de barreiras. Regulamento para o

desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade.

7. Seguridade e saúde nas obras de construción.

8. Lexislación de en materia de conservación da natureza e protección ambiental de Galicia. Avaliación de impacto ambiental. Avaliación de efectos ambientais. Avaliación de incidencia ambiental. Outras medidas de protección ambiental. Espazos naturais protexidos.

9. O patrimonio cultural. Lei de patrimonio Cultural de Galicia. Clasificación, declaración e catalogación dos bens do patrimonio cultural de Galicia. Réxime de protección e conversación do patrimonio cultural de Galicia. Os camiños de Santiago.

10. Bens das entidades locais: concepto, réxime xurídico e clasificación. O dominio público: concepto, natureza e elementos. Afectación e modalidades. Inventario.Bens Patrimoniais. Adquisición e enaxenación. Prerrogativas das Entidades Locais respectos dos seus bens.

11. Lexislación estatal en materia de augas. O dominio público hidráulico do Estado. Actividades na zona de policía. Lei de augas de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. Competencias das Entidades Locais.As demarcacións hidrográficas en Galicia. Limitacións aos usos nas zonas de fluxo preferente.

12. Lexislación estatal e autonómica en materia de estradas. Limitacións á propiedade. Travesías e tramos urbanos. Protección do dominio público viario.

13. O contrato de obras. Actuacións preparatorias: pregos, supervisións de proxectos, reformulo previo.

Clasificación empresarial.

14. O contrato de obras: Tipos de expedientes de contratación. Formas de adxudicación. Formalización. A execución do contrato. Dereitos e deberes dos contratistas. Abonos ao contratista. Recepción e liquidación.

15. Valoracións urbanísticas e expropiatorias. Regulación contida no texto refundido da lei e no regulamento de valoracións.

16. Lei do Catastro Inmobiliario. Bens inmobles a efectos catastrais. Titular catastral. Valoracións catastrais.

17. Lexislación en materia de expropiación forzosa. Requisitos previos. Necesidade de ocupación de bens ou adquisición de dereitos. Determinación do xusto prezo.

18. Licenzas municipais de obra e actividade. A distinción entre obras maiores e obras menores. Contido dos proxectos técnicos en obras maiores. O silencio administrativo ante solicitudes de licenza urbanística. Contido das licenzas urbanísticas. A licenza de primeira ocupación. Os informes sectoriais.

19. Intervención na edificación e uso do solo. Licenzas urbanísticas e comunicacións previas. Procedemento de outorgamento de licenzas. Caducidade e revisión das licenzas. Procedemento para a tramitación das comunicacións previas. Actos promovidos polas administracións públicas.

20. O deber de conservación e ruína. Ordes de execución, conservación e rehabilitación das edificacións

tradicionais.A declaración legal de ruína. Tipos de ruína. Intervención do arquitecto nos expedientes de ruína. Informes e ditames.

21. Os instrumentos de ordenación territorial galegos e a súa incidencia urbanística. Directrices de Ordenación do Territorio. Plans territoriais integrados. Os programas coordinados de actuación. Os plans e proxectos sectoriais. Os plans de ordenación do medio físico.

22. A organización administrativa do urbanismo. Competencias da Administración Central, Comunidades autónomas e entidades locais.

23. A lexislación do Solo de Galicia. Réxime xurídico do solo: dereitos e deberes dos propietarios do solo. A clasificación urbanística do solo.

24. Réxime xurídico do solo rústico: facultades e deberes, categorías e usos. Criterios de valoración desta clase de solo.

25. Réxime xurídico do solo urbano: dereitos e deberes dos propietarios: clasificación.

26. Réxime xurídico do solo de núcleo rural: concepto, dereitos e deberes. Peculiaridades.

27. Réxime xurídico do solo urbanizable: dereitos e deberes dos propietarios. Criterios de valoración.

28. Instrumentos de planeamento xeral. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Determinacións e documentos. Os Plans Básicos.

29. Elaboración e aprobación dos instrumentos de ordenación. Actos preparatorios. Iniciativa e colaboración no planeamento. Competencia para a súa formulación. Procedemento.

30. As áreas de repartición e o aproveitamento tipo, regras e instrumentos de equidistribución. Plans de

desenvolvemento. Plans parciais. O planeamento especial. Outras figuras segundo a lexislación galega.

31. Os estudos de detalle. Catálogos. Obxecto, determinacións e documentación.

32. Vixencia, modificación e revisión dos plans. Normas de aplicación directa: adaptación ao ambiente, altura das edificacións e protección do viario. Os sistemas de actuación: clases. Elección do sistema. Cumprimento das determinacións de planeamento. Polígonos con exceso ou defecto de aproveitamento real.Compensación de cargas, distribución xusta de cargas e beneficios, gastos de urbanización.

33. Os sistemas de actuación: Cooperación e Expropiación. Concerto e Compensación. Obtención de terreos de sistemas xerais e locais.

34. Os convenios urbanísticos. Concepto, alcance e natureza. Obxecto, clases e procedemento.

35. Disciplina urbanística. Obras sen título habilitante en curso de execución, obras terminadas sen título habilitante. Outros actos sen licenza. Protección da legalidade urbanística.

36. Infraccións e sancións: definicións das infraccións urbanísticas. Tipificación. Prescrición. Persoas responsables. Regras para determinar as contías das sancións. Órganos competentes. Procedemento sancionador.