miércoles, 6 de octubre de 2021

PROGRAMA DE DOUTORAMENTOS INDUSTRIAIS 2021

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 15 de setembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e se convocan para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D).

 IN606D-AXUDAS PARA EMPRESAS

Obxecto
Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, Programa de doutoramento industrial, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, código do procedemento administrativo IN606D.
O Programa de doutoramento industrial ten como obxectivos:
a) Promover a colaboración efectiva e a transferencia de coñecemento entre as universidades do SUG e o tecido empresarial mediante a sinatura de convenios ou acordos que regulen o desenvolvemento dun proxecto de investigación industrial.
b) Potenciar a captación de mozos e mozas investigadores e investigadoras para que desenvolvan proxectos de investigación nas empresas que os contraten e que lles permitan obter un doutoramento industrial en sectores de interese estratéxico rexional.
c) Posibilitar a incorporación de persoal doutor mozo ás empresas, unha vez que remate a axuda e desta maneira abrirlles novas saídas profesionais.
d) Fortalecer a colaboración entre as empresas e as universidades do SUG.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN606D).
As axudas concedidas ás empresas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizaren un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.
Segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

 IN606D) AXUDAS PARA OS CENTROS DE INNOVACIÓN E TECNOLOXÍA E  AS UNIVERSIDADES

Obxecto
Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, Programa de doutoramento industrial, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, código de procedemento administrativo IN606D.
O Programa de doutoramento industrial ten como obxectivos:
a) Promover a colaboración efectiva e a transferencia de coñecemento entre as universidades do SUG e o tecido empresarial mediante a sinatura de convenios ou acordos que regulen o desenvolvemento dun proxecto de investigación industrial.
b) Potenciar a captación de mozos e mozas investigadores e investigadoras para que desenvolvan proxectos de investigación nas empresas que os contraten e que lles permitan obter un doutoramento industrial en sectores de interese estratéxico rexional.
c) Posibilitar a incorporación de persoal doutor mozo ás empresas, unha vez que remate a axuda e desta maneira abrirlles novas saídas profesionais.
d) Fortalecer a colaboración entre as empresas e as universidades do SUG.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN606D).

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
– Os centros de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizaren un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.
– As universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e asumir a dirección dunha tese de doutoramento asociada.