viernes, 1 de octubre de 2021

CONSTITUCIÓN LISTAXE DE EMPREGO DE PORTEIRO NA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.SERVIZO DE RRHH E ASISTENCIA AOS CONCELLOS

Anuncio
ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DE DATA 24.09.2021 NA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA CONSTITUIR UNHA LISTAXE DE EMPREGO DE PORTEIRO/A PARA PRESTAR SERVIZOS DE CARÁCTER TEMPORAL NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada en data 24 de setembro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

“Vistos os criterios polos que se rexe a incorporación de persoal para prestar servizos temporais na Deputación Provincial de Lugo, regulados polas resolucións da presidencia das seguintes datas: 29.09.2009 (BOP núm. 231, do 08.10.2009); 16.12.2011 (BOP núm. 294, do 26.12.2011) e 14.02.2019 (BOP núm. 039, do 15.02.2019).
Constatando que a entidade ten necesidade de constituír unha listaxe de emprego temporal de Porteiro/a para poder atender ás necesidades dos servizos e xestionar axilmente a incorporación de efectivos deste tipo funcional, cando sexa precisa e estea xustificada a súa incorporación conforme ás esixencias da normativa vixente, en particular ás referidas no artigo 19.4 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, proponse á Xunta de Goberno para que, segundo as facultades que lle confire artigo 59.5 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo de data 30 de xuño de 2020 (publicado do BOP núm. 202, do 03.09.2020), ACORDE:
1º Aprobar a convocatoria do procedemento selectivo para a constitución dunha listaxe de emprego temporal de Porteiro/a, (Agrupacións Profesionais), para xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal e poder efectuar nomeamentos ou contratacións de persoal temporal polas causas reguladas no art. 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público ou, no seu caso, polo artigo 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba a texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.
2º Que a presente convocatoria se rexa polas bases xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo (Cota Xeral ou cota de discapacitados), aprobadas na Xunta de Goberno de 13 de marzo de 2020 (BOP núm. 079, do 6.04.2020), corrección de erros aprobado na Xunta de Goberno de 10 de xullo de 2020 (BOP núm. 161, do 15.07.2020).
3º Aprobar as bases específicas que complementan as bases xerais que rexen a elaboración de listaxes para prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo de PORTEIRO/A (Agrupacións Profesionais).
4º Convocar publicamente a quen, cumprindo os requisitos enumerados na base xeral 4 e na base específica 4, desexe participar no correspondente procedemento selectivo.
5º Ordenar a publicación da presente convocatoria e bases específicas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e nos lugares determinados na base xeral 3.
6º Realizar cantos trámites sexan necesarios para levar a cabo o correspondente procedemento selectivo.
A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes acorda prestar aprobación a proposta presentada e
anteriormente transcrita."
Contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante da Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do dia seguinte o da publicación deste acordo no BOP ou ben recurso contencioso administrativo diante do Xulgado Contencioso - Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados dende o dia seguinte o da citada publicación, sen prexuízo de que se interpoña calquera outro que se estime oportuno.

BASES ESPECÍFICAS PARA CONSTITUIR UNHA LISTAXE DE EMPREGO PARA PRESTAR SERVIZOS TEMPORAIS NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS DE PORTEIRO/A.

1. OBXECTO DAS BASES ESPECÍFICAS
O obxecto das presentes bases específicas é complementar as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados)) aprobadas na Xunta de Goberno de 13.03.2020 (BOP núm. 079, do 6.04.2020), corrección de erros aprobados na Xunta de Goberno de 10.07.2020 ( BOP núm. 161, do 15.07. 2020).

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO DA LISTAXE QUE SE CONVOCA DENOMINACIÓN GRUPO / SUBGRUPO ADSCRICIÓN RETRIBUCIÓNS PORTEIRO/A 
Agrupacións Profesionais Ás distintas Unidades Administrativas que requiran das ditas funcións especializadas, unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación.
As correspondentes á praza e ao posto de nivel de entrada.

3. COMETIDO FUNCIONAL
En canto ao contido funcional da praza/posto/emprego que se convoca será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, se é o caso, na disposición que a substitúa.
En ausencia dos anteriores instrumentos, as persoas ocupantes realizarán as funcións que lles sexan atribuídas por calquera outra norma ou pola persoas que exerza a superioridade xerárquica.

4. REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR AS PERSOAS ASPIRANTES PARA SER ADMITIDAS AO PROCESO SELECTIVO
As persoas aspirantes deberán posuír os requisitos sinalados na base xeral 4.
Non se require estar en posesión titulación académica para ser admitido, de acordo co artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

5. NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 3

6. PROGRAMA
A) MATERIAS COMÚNS:
1. A Constitución Española.Principios xerais. A provincia como entidade local. A Deputación de Lugo: as súas competencias e organización.
B) MATERIA ESPECÍFICAS:
1. A atención, información, asistencia e recepción dás persoas usuarias.Vixilancia e custodia interior de oficinas e edificios. Control de accesos.
2. Os documentos administrativos. Clases. A notificación dos documentos administrativos. A práctica de notificacións.
3. Coñecementos básicos de ofimática. Traballos de reprografía. Utilización de trituradoras, guillotinas,
encadernadoras, grampadoras, taladradoras, ensobradoras e etiquetadoras.
4. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta.