miércoles, 6 de octubre de 2021

AXUDAS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE INCENTIVOS 1,2 E 3

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W).

Finalidade
1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente as anualidades 2021-2023 para a concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W).
2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Programa de incentivos 1: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, no sector servizos, con ou sen almacenamento.
Programa de incentivos 2: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, noutros sectores produtivos da economía, con ou sen almacenamento.
Programa de incentivos 3: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector servizos e noutros sectores produtivos.
Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.

Beneficiarios
Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.2 das bases reguladoras, en concreto, os seguintes:
1. De conformidade co disposto nas bases reguladoras, os destinatarios últimos das axudas, que terán a cualificación de beneficiarios para os efectos desta convocatoria, son os seguintes:
a) Persoas xurídicas e agrupacións de empresas ou de persoas físicas, con ou sen personalidade xurídica, que realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado, incluíndo, entre outros:
1º. Os xestores de polígonos industriais, de natureza pública ou privada.
2º. As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de actuacións no ámbito da enerxía.
3º. As empresas de servizos enerxéticos (ESE), ou provedores de servizos enerxéticos definidas no Real decreto 56/2016, do 12 de febreiro, polo que se traspón a Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2012, relativa á eficiencia enerxética, pola que se modifican as directivas 2009/125/CE e 2010/30/UE, e pola que se derrogan as directivas 2004/8/CE e 2006/32/CE, no referente a auditorías enerxéticas, acreditación de provedores de servizos e auditores enerxéticos e promoción da eficiencia da subministración de enerxía.
b) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo definición da Directiva 2018/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, e da Directiva 2019/944 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño de 2019, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se modifica a Directiva 2012/27/UE, respectivamente, así como do artigo 4 da Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
2. Os destinatarios últimos do programa de incentivos 1 deberán desempeñar a súa actividade dentro dunha Clasificación nacional de actividades económicas (en diante, CNAE) incluída nun dos seguintes grupos: G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R ou S, sempre que non sexan administracións públicas.
3. Os destinatarios últimos do programa de incentivos 2 deberán desempeñar a súa actividade dentro dunha CNAE correspondente ao grupo A01, excepto o 017, ou dentro dunha CNAE correspondente aos grupos B, C, D, E ou F. Tamén poderán ser destinatarios últimos deste programa o sector público institucional de calquera administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades ou organizacións privadas sen ánimo de lucro, sempre que, en ambos os casos, realicen algunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
4. Os destinatarios últimos do programa de incentivos 3 deberán desempeñar a súa actividade dentro dunha CNAE correspondente a un dos grupos establecidos nos parágrafos anteriores 2 e 3.
5. Nos programas de incentivos 1, 2 e 3, consideraranse como destinatarios últimos das axudas as empresas de servizos enerxéticos ou outras empresas que realicen as actuacións en establecementos dos sectores incluídos en cada programa, a condición de que o servizo enerxético xerado pola actuación sexa realizado para unha empresa cuxa CNAE estea incluída nos reflectidos nos parágrafos anteriores.
6. Poderán acceder á condición de destinatarias últimas das axudas, sempre que cumpran co establecido no artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará as 9.00 horas do día 21 de outubro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023.

Prazos de execución e xustificación das actuacións
O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.
Este prazo poderase ampliar de conformidade co previsto no artigo 70 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado por Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.