jueves, 14 de octubre de 2021

PREMIOS GALICIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2021

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 6 de outubro de 2021 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2021 e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS508D).

Obxecto
Establecer a regulación do procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria coa finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia, así como realizar a súa convocatoria para o ano 2021.

Modalidades e persoas destinatarias
Os Premios Galicia de Acción Voluntaria terán as seguintes modalidades:
a) Premio á/ao voluntaria/o do ano: modalidade individual, para as persoas físicas.
b) Premio á entidade de acción voluntaria do ano: modalidade colectiva, para as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
c) Premio ao mellor proxecto de acción voluntaria do ano: modalidade para proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, presentados por unha entidade de xeito individual ou por varias entidades de xeito conxunto, que se caractericen pola innovación e a repercusión social.

Premios
Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas cuxa dotación económica será de 4.000 euros por modalidade.

Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.