lunes, 20 de mayo de 2019

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA , CELGA 1,2,3 E 4 NO ANO 2019

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Mediante a Resolución do 20 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019 (código de procedemento PL500C) (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Segundo o sinalado no seu punto terceiro, as datas concretas das probas, que serán no mes de xuño de 2019, serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.

De acordo con isto,

RESOLVO:

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) convocadas mediante a Resolución do 20 de marzo de 2019:

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

1 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C e D.

2 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P.

– Celga 3, en Santiago de Compostela:

8 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B e C.

9 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P.

– Celga 3, en Ponferrada:

8 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

15 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:

16 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.

No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a data de realización destas seralles comunicada directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As sedes e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

As persoas admitidas deberán presentarse 30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun bolígrafo. Lémbrase, ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga, que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.