viernes, 10 de mayo de 2019

2 BOLSAS DE ESTADÍA NA CASA DE VELÁZQUEZ EN MADRID

CONSELLO DA CULTURA GALEGA


 Obxecto
O establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos no curso académico 2007/08 ou posterior.

Contía
Financiaranse estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, por un importe total de seis mil euros (6.000,00 €), que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro será de mil euros mensuais (1.000,00 €).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, e empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.