viernes, 10 de agosto de 2018

PROGRAMA XUVENTUDE CREA

                                                                                       CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen o programa Xuventude Crea, e proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (procedemento BS310Q), e que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e skate.

Persoas destinatarias
1. Poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2018 agás o establecido no capítulo II segundo para cada especialidade.
2. Enténdese por profesional, aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
3. Agás no caso das especialidades de teatro, música, graffiti e cociña, a participación será sempre a título individual.
4. Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
5. A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nesta orde, e unicamente a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non acadarse unha participación mínima de dez solicitantes previa comunicación a estas persoas.
6. A información contida neste artigo debe ser cumprimentada co disposto no capítulo II (parte específica).

Prazo de presentación das solicitudes e emenda de defectos
1. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de setembro de 2018.
2. Se na solicitude se apreciasen defectos ou falta de documentación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, requirirase á persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, logo da resolución, que será ditada nos termos do seu artigo 21.