martes, 7 de agosto de 2018

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS PARA AS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DESTA CONSELLERÍA PARA O CURSO 2018/19

                                                                                       CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
O obxecto é convocar en réxime de concorrencia competitiva esta oferta de prazas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2018/19, e establecer as bases para a súa concesión (procedemento BS303C).

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:

Cidade                          Residencia                          Prazas

Lugo           Centro Residencial Xuvenil LUG    4 Home/muller

Ourense        Florentino L. Cuevillas                   5 Home/muller

Vigo                        Altamar                         
      6 Home/muller

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
2. Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
3. Estar a cursar estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
4. Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
5. Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
6. Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.