lunes, 20 de agosto de 2018

BONO EMPREGA AUTOMOCIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, un programa de formación con contratación de persoas desempregadas nos sectores de actividade vinculados ao sector da automoción. Por medio desta convocatoria as empresas que soliciten participar na presente convocatoria terán a posibilidade de obter axudas para a formación con contratación por conta allea de persoas en situación de desemprego como parte deste programa de contratación.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as empresas pertencentes aos sectores da industria da automoción que contén no seu cadro de persoal cun mínimo de 50 persoas traballadoras. Estas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, deben contar con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2018.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.