lunes, 6 de agosto de 2018

PREMIOS E AXUDAS AOS PROXECTOS PILOTO INDUSTRIA 4.0

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
O obxecto destas bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes non inferior a tres, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.

Entidades beneficiarias
1. Poderán obter os premios os organismos intermedios incardinados nalgunha das seguintes definicións:
a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes nas súas diversas formas e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.
b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á competitividade das pemes e promovan proxectos nos cales non persigan a obtención de beneficios.
2. Poderán ser beneficiarias das axudas as pemes que desenvolvan unha actividade no ámbito da nova industria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 28 de setembro de 2018.